Ribadeo, 29 de agosto de 2025. Acisa organiza unha nova fin de semana do Mercado de Rúa. A cita terá lugar este sábado e domingo, convertendo as rúas de Ribadeo nun gran escaparate comercial aberto a todo o público.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “en Acisa Ribadeo organizamos este ano unha nova edición do Mercado de Rúa, unha iniciativa na que os establecementos participantes sacan os seus produtos á rúa para ofrecer aos seus clientes os mellores descontos e promocións especiais, e esta é a última fin de semana. Esta actividade enmarcase dentro da programación de O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que forma parte do proxecto da Xunta de Galicia O teu comercio é extraordinario. Esta será unha moi boa ocasión para facerse con artigos de tempada a prezos espectaculares e coas ultimas liquidacións de stock. Tamén será un bo momento para coñecer as propostas para a vindeira tempada outono-inverno”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “a piques está de ir rematar o verán e polo tanto de ter que baleirar as tendas dos artigos desta tempada e darlle visibilidade aos de outuno-inverno. Por iso quixemos facer esta actividade, co remate final das rebaixas e as liquidacións de stocks de moitos negocios, e que sirva tamén para que os clientes poidan ver e mercar xa produtos da nova colección. Ademais sabemos que esta actividade sempre resulta moi atractiva tanto para os comerciantes coma para os clientes e é un xeito tamén de achegarlle a experiencia de compra mais áxil e cómoda”.
Cruzado Iglesias contou que “ao longo desta xornada, numerosas tendas participarán achegando unha ampla variedade de produtos de moda, complementos, decoración, regalo e moito máis, sempre coa calidade e a atención próxima e personalizada que caracterizan ao comercio local, sinais de identidade que marcan a diferenza coas grandes plataformas de venda online. Acisa traballa por e para as súas asociadas e asociados, eses negocios que crean emprego, que fan polo pobo e que pagan os seus impostos todo o ano en Ribadeo”.
Os locais participantes no Mercado de Rúa de Acisa Ribadeo son: Anais, Serendipia, Mimimó, Farfala, Sanjurjo, Esprit, Mika, For Friends, La Coqueta, Perseidas, Pequerrechos, Susana Kempes, Siñeiro, Bombones Moreno, Quero Colo, Bahía, Adele, Fauna, Miss-Tic, Glass, Grisi e A Flote”.
Pérez Prada engadiu que “con esta actividade Acisa busca dinamizar o comercio local, sen necesidade de contar con ninguén de fora, poñéndoo en valor fronte a outras propostas temporais, ofrecer novas oportunidades aos negocios asociados e animar tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a gozar dunha experiencia de compra diferente nas rúas da vila”.
O Mercado de Rúa conta co apoio da Xunta de Galicia, o patrocinio de Discosta Norte e a colaboración do Concello de Ribadeo “aos que lles reiteramos o noso agradecemento”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



