Ribadeo, 10 de setembro de 2025. Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo.
Son 12 as modalidades ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.
Algunhas das escolas arrincarán xa en setembro, como é o caso do atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala ou tenis de mesa. Mentres que en outubro darán comezo as de hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis e ximnasia rítmica.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “as inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude do 16 ao 30 de setembro. O custe por escola para todo o curso será de 60 euros. Desde o Concello animamos a todas as nenas e os nenos de Ribadeo a practicar deporte, porque é saúde, é convivencia, é traballo en equipo, é esforzo individual, é disciplina… ofertamos 12 modalidades para que poidan escoller a que máis lles guste”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



