O Presidente asinou un convenio coa representante do refuxio polo cal a institución provincial achega 10.000€ para cubrir os gastos derivados da alimentación, coidados, seguros ou limpeza das instalacións que acollen ata 30 cans e gatos da contorna
Lugo, 10 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Protectora de Animais O Valadouro-Alfoz, Lucía López Tallón, polo cal a institución provincial achega 10.000€ á entidade para cubrir os gastos derivados do funcionamento do refuxio con capacidade para 30 cans e gatos.
Este investimento serve para que a protectora mariñá faga fronte, xunto con preto de 1.000 euros de fondos propios, á alimentación dos animais; gastos veterinarios; asesoramento fiscal, contable e administrativo; ás pólizas de seguro; servizos de desinfección; e gastos de limpeza e mantemento.
“Aquí estamos a facer unha inversión en benestar social, saúde pública, educación e sustentabilidade”, argumentou o Presidente. “As protectoras de animais desenvolven unha función que repercute en toda a comunidade garantindo a seguridade e a salubridade; transmiten valores de respecto e responsabilidade e contribúen ao desenvolvemento sostible da sociedade na que vivimos”, engadiu.
O refuxio, situado na parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, dá servizo aos municipios do Valadouro, Alfoz, Muras e Lourenzá. Construído no 2018 con fondos da Deputación de Lugo, esta instalación serviu para consolidar unha rede comarcal de refuxios e reforzar a capacidade de atención na comarca mariñá.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



