O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa concluíu a renovación do firme e o repintado das marcas viarias
Viveiro, 17 de setembro de 2025. A Consellería do Mar concluíu as obras de mellora do firme do porto deportivo de Viveiro, onde tamén está a finalizar o cambio do sistema de iluminación por dispositivos LED.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a zona para comprobar a marcha das actuacións, nas que a Xunta inviste 215.300 euros a través de Portos de Galicia.
Os traballos de mellora do pavimento, cun orzamento de 95.300 euros, incluíron a reposición da capa de rodaxe dos viarios naqueles puntos onde estaba deteriorado; así como o reforzo do firme na explanada portuaria e o repintado da sinalización horizontal.
Esta intervención enmárcase nun proxecto global para acondicionar 26 dársenas autonómicas, que no caso da Mariña suma máis de 260.000 euros de investimento na mellora de firmes nos portos de Viveiro, Ribadeo, Rinlo e Burela.
Novo sistema de iluminación
En canto ás luminarias, destináronse 120.000 euros para cambialas por unhas novas de tecnoloxía LED con xestión telemática. En total substituíronse 54 lámpadas do porto vivariense.
O obxectivo principal destes traballos de modernización é reducir a contaminación ambiental e luminosa nos espazos portuarios, co apoio dun sistema de control remoto.
Ademais, estímase un aforro enerxético do 60%.
Na comarca da Mariña, os traballos execútanse nos portos de Viveiro-Celeiro, Ribadeo e Burela.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



