Trátase dun proceso técnico complexo, que require tempo, análise detallado da documentación e que amosa o compromiso do equipo de goberno adquirido logo de levar a cabo o proceso de estabilización
Cervo, 1 de outubro, 2025. O Concello de Cervo continúa dando pasos adiante na elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT), un trámite complexo que require tempo e un exhaustivo análise técnico, e que se está a desenvolver conforme á folla de ruta marcada no inicio da lexislatura.
No marco da Mesa Xeral de Negociación celebrada onte, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, comunicou aos representantes dos traballadores a aprobación formal da elaboración da RPT, tendo unha acollida positiva por parte dos mesmos “isto amosa con claridade que este equipo de goberno ten un compromiso firme coa mellora das condicións dos traballadores, posto que isto reflicte directamente na veciñanza e nuns servizos de maior calidade”.
García Caramés apelou á responsabilidade e á colaboración de todas as partes para culminar con éxito este proceso “estamos a traballar con seriedade, analizando todo ao detalle, e con vontade de chegar a un bo resultado para todos. É momento de remar xuntos para mellorar a organización e os servizos municipais. Ao final, todos estamos a traballar pola veciñanza de Cervo, e queremos que por eles todo funcione ben”.
Finalmente, a alcaldesa lembrou que nos próximos meses se convocarán novas reunións para seguir informando ao Comité de Empresa dos avances no expediente e avanzar de maneira conxunta no proceso da RPT.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



