Ribadeo, 8 de outubro, 2025. A Garda Civil detivo a un veciño de Vilanova de Arousa, de 51 anos de idade, como suposto autor dun delito de tráfico de drogas.
Os feitos inícianse o pasado día 2 cando a persoa detida é interceptada na autovía A-8, ao seu paso por Ribadeo, localizando nunha caleta oculta na carrocería do seu turismo cinco quilogramos dunha substancia que, posteriormente aplicados os reactivos de drogatest daría positivo en cocaína, presumíndose de gran pureza, así como cinco quilogramos divididos en placas de suposto hachis.
Dada a rapidez en reaccionar dos reactivos e a disposición de substancias estupefacientes, fixo pensar que fose tráfico internacional de substancias ilícitas e considérase relevante, xa que evidencia que se trata de mercadoría sen adulterar, adquirida nas súas fases iniciais para ser introducida en territorio nacional.
Ante estas evidencias realizouse a entrada e rexistro no domicilio da persoa detida, contando co apoio da unidade cinolóxica da Garda Civil de Ourense e patrullas de seguridade cidadá de Pontevedra, onde chamou a atención dos investigadores que a vivenda, malia de carecer de aveños de valor, estaba permanentemente vixiada por un circuíto de cámaras de fabricación caseira que controlaba os diferentes accesos á mesma.
Esta circunstancia atopou explicación cando se achou unha estancia no seu interior que constituía un taller de adulteración, corte e envasado de substancias estupefacientes. Esta habitación, escasamente amoblada, era presidida por un armario en cuxo interior se gardaba gran cantidade de substancias estupefacientes de distinta natureza, achándose haxix, cocaína e heroína en diferentes presentacións, preparadas para a súa distribución.
En total intervéñense.
Cocaína: 4,9 quilogramos en diferentes presentacións
Heroína: 4,2 quilogramos en diferentes presentacións
Haxix: 9,9 en tabletas individuais de aproximadamente ½ quilogramos
Substancias de corte: 2 quilogramos envasados ao baleiro
Dous teléfonos satelitales
Unha máquina de contar diñeiro
A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución nº uno de Mondoñedo.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



