Barreiros, 17 de outubro de 2025. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, dirixiu na mañá de hoxe unha solicitude de reunión a Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo- Monforte- A Mariña, para tratar en persoa a situación do Centro de Saúde de Barreiros; diante da “pasividade que ten amosado o Sergas por solucionar unha situación que se prolonga case un mes e que impide á maioría da poboación ter citas médicas en menos de tres semanas”.
A alcaldesa explica que unha grande parte das veciñas e veciños só tiveron acceso a unha cita médica en dous días deste mes, 20 e 21, non habendo máis axenda dispoñible en todo outubro. “E a situación non parece que vaia cambiar, xa que a día de hoxe, as únicas datas para cita son o 3, 4 e 5 de novembro”, asegura.
A rexedora xa trasladou no seu momento a preocupación do goberno local que se fai eco da que manifesta a poboación e o seu malestar “quedou de manifesto na concentración realizada o luns 13, que, cando menos serviu para que reforzaran puntualmente algunhas horas”.
Porén, Ana Ermida manifesta que o que se pide é unha solución real e continua, “porque a realidade é que se está privando de atención sanitaria básica que pode derivar en problemáticas máis graves por esa falta de atención”.






















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



