“Somos o cuarto concello con máis habitantes da provincia, pero aquí non chega nin a pedrea”, critica Paula Vigo
Vilalba, 22 de outubro de 2025. A Agrupación Socialista de Vilalba presentará emendas aos Orzamentos da Xunta, que confirman “o abandono sistemático do noso concello por parte do goberno galego desde 2019”.
“Vilalba tamén existe”, sostén Paula Vigo, secretaria de Política Municipal da executiva local socialista, “e de feito, somo o cuarto concello da provincia por número de habitantes”.
“Nin a pedrea, é unha situación inasumible tendo en conta os proxectos pendentes da Xunta en Vilalba”, engade Paula Vigo, que lamenta que “somos unha veciñanza de segunda para o goberno de Rueda e non podemos permitilo”.
O PSdeG local pídelle ademais ao PP de Vilalba que se una a estas reivindicacións “e concrete que novos proxectos impulsou a Xunta aquí nos últimos seis anos”.
Os socialistas de Vilalba concretarán nas próximas datas as emendas e esixirán á Xunta a inclusión das súas demandas nos Orzamentos.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



