Lugo, 22 de outubro de 2025. A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na clausura do seminario A vixilancia da saúde na actividade forestal, organizado pola Asociación de empresarios da 1ª transformación da madeira de Lugo (Lugomadera) e apoiado pola Xunta. Alí, puxo de relevo a importancia da colaboración entre todos os axentes implicados para garantir a seguridade e saúde laboral, neste caso, no sector forestal.
A xerente do Issga destacou que o Goberno galego impulsou desde a súa creación o pioneiro Servizo de Prevención Mancomunado de Lugomadera, que busca mellorar os recursos de prevención de riscos laborais neste eido implicando especialmente as pequenas e medianas empresas, de xeito que as que conten con recursos limitados poidan acceder a unha xestión de prevención de calidade e altamente especializada. No referido ás actuacións da Xunta, lembrou as continuas campañas e accións de sensibilización e formación centradas no sector forestal por consideralo de actuación prioritaria, tanto ao abeiro da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo: horizonte 2027 como dos distintos plans anuais do Issga. É o caso das recentes sobre boas prácticas no uso dos equipos de protección individual (EPI) e para garantir a seguridade nos aproveitamentos forestais en zonas perigosas, en ambos casos tendo como fundamento documentos técnicos elaborados polo grupo de traballo técnico do sector forestal do Issga, no que participan, entre outros, Lugomadera.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



