Ribadeo, 25 de outubro de 2025. A Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar o 9 de novembro. O importe das inscricións será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.
A Gladiator Race regresa a Ribadeo o próximo 9 de novembro para celebrar a súa versión Family, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 11 anos e o diñeiro das inscricións será doado integramente a Cruz Vermella Ribadeo.
Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima, o proxecto solidario de Banco Mediolanum, pola Fundación Mediolanum en a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións será de 6 euros e poderán abonarse a través da web oficial da carreira: www.gladiatorraceoficial.es
As nenas e nenos, sempre acompañados dun adulto, poderán gozar dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos a través de dous percorridos: un de 500 metros para participantes entre 3 e 5 anos e outro de 900 metros para a franxa de 6 a 11 anos. Ao finalizar a proba, todos os participantes recibirán unha medalla finisher.
As inscricións poden realizarse desde hoxe, 25 de outubro, e os 6 euros do seu importe destinaranse integramente á Cruz Vermella Ribadeo a través do proxecto Mediolanum Aproxima. Ademais, a Fundación Mediolanum en España tamén participará na carreira e duplicará as doazóns que se consigan entre 2.000€ e 5.000€.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a todas as nenas e nenos de 3 a 11 anos de Ribadeo e de toda a contorna a participar na Gladitor Kids o vindeiro 9 de novembro. Será un domingo diferente para compartir en familia e entre amigos e coa solidariedade como bandeira, xa que todo o recadado será para a Cruz Vermella de Ribadeo. Cantos máis sexamos participando máis fondos poderemos destinar para o importante traballo que realiza esta entidade”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



