A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo participou este martes na presentación do certame que organiza a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo e para o que a institución provincial achega 3.500€
Lugo, 4 de novembro de 2025. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes no Salón de Actos do CEI Nodus de Lugo, na presentación da oitava edición dos Premios Son Muller que organiza a Asociación de Mulleres Empresarias de Provincia de Lugo (AELU). A institución provincial colabora con estes galardóns, que recoñecen o talento das mulleres empresarias e emprendedoras da provincia, realizando unha achega económica de 3.500€.
García Porto recalcou que “cremos firmemente que as mulleres xogan un papel fundamental no desenvolvemento económico e social da provincia. Apoiando este tipo de iniciativas recoñecemos o talento feminino e o esforzo das mulleres que lideran proxectos, que crean emprego e que son un auténtico exemplo para as novas xeracións”.
Recoñeceu tamén “non só esta iniciativa que presentamos hoxe, senón tamén o conxunto de proxectos que AELU desenvolve ao longo do ano” e puxo de exemplo o programa GALATEA “unha iniciativa que tamén apoiamos desde a Deputación e que ofrece formación e asesoramento para que as participantes poidan adquirir novos coñecementos e habilidades relacionadas co seu desenvolvemento profesional”.
Nesa liña, aproveitou a Deputada Provincial para destacar algúns proxectos e accións propias que realiza a institución provincial “como o programa que estamos preparando para conmemorar o 25N e que incluirá charlas, espazos de reflexión e monólogos nunha nova de Xornada de Querémonos Vivas, Libres e Iguais”.
“Porque cremos que o primeiro paso para transformar as estruturas que perpetúan o machismo e a desigualdade é levantar a voz contra a violencia. As mulleres non temos por que vivir con medo, sufrimento ou opresión” rematou.
Ao acto de presentación tamén asistiu a Presidenta de AELU, Anjhara Gómez Rodríguez, o Concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, a Concelleira de Muller e Igualdade, Ángeles Novo, e a Directora Territorial de ABANCA Lugo, Zaira Dapena, entre outras autoridades.
Recoñecemos ao emprendemento feminino
Esta oitava edición premiará proxectos femininos en tres categorías: Son empresaria rural; Son empresaria e Son emprendedora e haberá galardóns de 1.000€, 300€ e 200€. As persoas interesadas en participar poden consultar as bases e descargar o formulario de inscrición en www.empresariaslugo.org/premios
A gala de entrega dos premios Son Muller terá lugar o vindeiro 12 de decembro ás 20:00 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



