Cervo, 5 de novembro, 2025. Esta fin de semana celebrouse a segunda tirada da Liga Galega de Sala de tiro con arco no concello de Meis (Pontevedra), onde o arqueiro do Iadovi, Santiago González Villares “Sargadelos”, volveu destacar cunha actuación brillante.
Nesta segunda xornada, Santiago mellorou a súa marca anterior en 4 puntos, acadando unha puntuación total de 522 puntos, o que lle permitiu repetir o primeiro posto no podio. A vantaxe foi clara: 28 puntos por riba do segundo clasificado, consolidando así a súa posición como líder da competición.
A competición non comezou do mellor xeito para o arqueiro, que entrou algo frío e sumou 258 puntos na primeira metade. Porén, a medida que avanzaba a tirada, foi collendo ritmo e rematou cunha excelente segunda parte de 264 puntos.
Cando restan aínda tres tiradas para o remate da liga, Santiago continúa ampliando a distancia cos seus rivais. Se mantén este nivel, todo apunta a que poderá revalidar o ouro acadado na pasada edición.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


