Ribadeo, 7 de novembro de 2025. A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho foi distinguida co XXV Premio María Moliner 2025, un galardón concedido polo Ministerio de Cultura e pola FEMP aos mellores proxectos de animación á lectura en municipios de menos de 50.000 habitantes. O recoñecemento premia o programa Punto de encontro: a Biblioteca II, que afianza a biblioteca como espazo cultural e social de referencia en Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, destaca que “este premio recoñece o traballo profesional e o compromiso do equipo da biblioteca, das entidades colaboradoras e da veciñanza coa dinamización cultural”. E engade que “El Viejo Pancho é hoxe un lugar vivo e inclusivo, que promove a lectura, a diversidade lingüística e o acceso á cultura para todas as idades”.
A edil ribadense lembra que “este recoñecemento anímanos a seguir avanzando para consolidar a biblioteca como un punto de encontro fundamental para Ribadeo, un espazo que se adianta ás necesidades da cidadanía e promove valores tan importantes como a igualdade, a inclusión, a cultura científica e a sostibilidade”.
O Concello de Ribadeo felicita a todas as persoas implicadas e reafirma o seu apoio á continuidade dun proxecto que segue reforzando o papel da biblioteca como motor cultural no municipio.
Precisamente esta fin de semana a biblioteca celebra dúas importantes actividades literarias. Hoxe, día 7, ás 20:00 horas Ulises Bértolo presenta o seu novo thriller Exitus. La muerte nunca es el final. E mañá, 8 de novembro, terá lugar ás 20:00 horas a presentación das obras Flores de sombra e A orillas del Pilcomayo, de Federico Mediante Noceda, cun encontro no que participarán o xornalista Martín Fernández Vizoso, Antonio Andina Penabad (Eoditorial) e Ana Martínez Loredo, neta do autor.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



