A actuación, cun investimento de 4.100 euros, responde a unha demanda veciñal e suporá a recuperación do firme
Vilalba, 11 de novembro de 2025. O Concello de Vilalba, a través da Concellería de Infraestruturas Urbanas, vén de iniciar as obras de rexeneración da Travesía de Foz, unha vía que conecta a Rúa de Muras coa Rúa de Foz e que dá servizo a un importante número de veciños e veciñas cuxo acceso a fincas e garaxes se realiza unicamente por este tramo.
A actuación supón a mellora completa dun vial que se atopaba nun estado notablemente deteriorado, con numerosos baches e zonas de difícil tránsito debido ao desgaste acumulado do firme.
Os traballos inclúen a ampliación da superficie, un tratamento semiprofundo e a aplicación dunha dobre rega asfáltica, cun investimento total de 4.100 euros.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “esta é unha obra importante para o día a día das persoas que viven nesta zona. Os veciños solicitaron esta mellora e o Concello responde con feitos”.
Rouco subliñou ademais que “dende a Alcaldía seguimos apostando por actuar en todas aquelas zonas que precisan unha intervención urxente co obxectivo de mellorar o día a día e os servizos públicos para os veciños e veciñas”.
Con esta actuación, o goberno local continúa co seu plan de mellora e mantemento das rúas, garantindo un acceso seguro e cómodo ás vivendas e ao servizos.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



