O dispositivo activarase no treito entre o Porto de Celeiro e o cruce de Landrove
Viveiro, 15 de novembro de 2025. A Policía Local de Viveiro informa que, durante a noite do 17 ao 18 de novembro, implantaranse restricións temporais de estacionamento e circulación no treito comprendido entre o Porto de Celeiro e o cruce de Landrove —intersección da LU-540 coa LU-161—, incluíndo a Travesía da Mariña, a praza de Lugo e a avenida Juan García Navia Castrillón. O dispositivo activarase pola circulación dun transporte especial que trasladará un transformador.
Desde as 20.00 horas do luns 17 ata a mañá do martes 18 prohibirase estacionar nas zonas sinalizadas dos viais mencionados. Os vehículos que permanezan neles poderán ser retirados polo servizo municipal de guindastre. A partir das 00.00 horas do martes 18, estableceranse cortes puntuais e desvíos de tráfico que serán indicados mediante sinalización temporal e pola presenza de axentes. A Policía Local recomenda anticipar desprazamentos e empregar rutas alternativas.
A cidadanía deberá respectar a sinalización provisional e as indicacións dos axentes, evitar desprazamentos non esenciais pola zona afectada e prestar especial atención ás modificacións da circulación durante a noite. A Policía Local agradece a colaboración e lembra que as medidas adóptanse para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento das actuacións previstas. Para máis información, pode contactarse co 982 56 29 22.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



