Participou alumnado do CEIP José María Lage e do IES Ortigueira, comprendendo desde as aulas de infantil ata as de bacharelato e ciclos
Ortigueira, 20 de novembro de 2025. O Concello de Ortigueira celebrou hoxe, 20 de novembro, a terceira edición do Pleno Infanto-Xuvenil Municipal. O Salón de plenos da Casa do concello acolleu aos alumnos e alumnas do CEIP José María Lage e do IES Ortigueira, comprendendo deste xeito as aulas desde infantil ata bacharelato e ciclos do municipio.
O pleno conformou un espazo no que se escoitaron e debateron as proposta e conclusións que achegou o alumnado. A este evento os estudantes fixeron chegar propostas traballadas previamente nos centros educativos para transmitilas e debater hoxe co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecer ao alumnado un espazo de reflexión e debate, no que propoñer melloras para o Concello. Tal e como se recolle na convención de Dereitos da Infancia, os nenos e nenas son axentes sociais, titulares activos dos seus propios dereitos, polo que se lles debe dar a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. Con este evento, á súa vez, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que se celebra ese mesmo día.
“Este tipo de xornadas supoñen unha ferramenta útil para ou desenvolvemento dás habilidades comunicativas do alumnado. Desde ou Concello de Ortigueira estamos orgullosos de levar a cabo este tipo de proxectos que, sen dúbida, son moi beneficiosos para a nosa rapazada”, apuntan desde o Consistorio.
























Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



