Daniel García: “temos o reto de converter a ilusión que xenera en vocacións e relevo xeracional, e gandería Castelo é un espello no que mirarse”
Lugo, 20 de novembro de 2025. O deputado Daniel García achegouse esta semana á gandería Castelo, en Rigueira, na Pastoriza , onde se desenvolveu unha das actividades formativas do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Corenta alumnas e alumnos de alumnas e alumnos de primaria do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo participaron na actividade da man da ANPA A Faxarda, unha das 73 asociacións de nais e pais de toda a provincia que se sumaron á cuarta edición do programa.
As nenas e nenos coñeceron o día a día desta granxa familiar de leite, desde a alimentación ata o muxido con robot, nun percorrido pensado para transmitirlles a importancia da gandería na produción de alimentos.
Tamén probaron o muxido manual nunha “vaca” de cartón pedra e recibiron o recoñecemento simbólico de “gandeirx por un día”, actividades de dinamización preparadas por Laura e Natalia Camiño, terceira xeración á fronte da granxa, convencidas da importancia de visibilizar a gandería como unha actividade atractiva e moderna para a rapazada.
Daniel García sinalou que “temos o reto de converter a ilusión co que as nenas e nenos están participando hoxe nesta actividade en vocacións e relevo xeraciional ou, alo menos, nunha valoración actualizada e moderna da gandería, libre dos estereotipos que arrastramos xeracións enteiras, e Laura e Natalia son un espello no que mirarse”.
A cuarta edición do programa Da Escola á Granxa conta coa participación de 45 granxas repartidas por toda a provincia e dedicadas a actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar, a produción de leite ou a elaboración de queixos e marmeladas.
As granxas configuran a oferta formativa do programa, dirixido a anpas de centros educativos de toda a provincia, que reciben financiamento para o desprazamento. O programa pechará a finais de ano cun total de 200 actividades realizadas e a participación de maís de 7.000 alumnos e alumnas de infantil e primaria.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



