A alcaldesa Carmela López explica que o histórico castiñeiro contará con nova vida e varias pezas artísticas realizadas de novo polo escultor Carlos García
Burela, 21 de novembro de 2025. O Concello de Burela anuncia que o histórico castiñeiro de Cinoche, derrubado pola Borrasca Karlotta e posteriormente queimado, regresará ao municipio este Nadal convertido nun conxunto artístico totalmente renovado.
A árbore fora reconvertida nun banco-escultura por parte do escultor Carlos García, que ocupou o lugar onde se erguía o castiñeiro centenario ata que foi queimado de xeito intencionado no pasado ano 2024.
O novo proxecto, desenvolvido unha vez máis por Carlos García, manterá o obxectivo da encarga inicial, a de converter a árbore nun espazo para sentarse. Porén desta volta contará con varios elementos, motivo polo que foi necesario ampliar a solera de formigón onde se instalará. A peza orixinal, danada polo incendio, requiriu unha intervención complexa e minuciosa.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, quixo poñer en valor ese esforzo: “Quero agradecer a Carlos García a súa implicación e o coidado que está a poñer na nova creación do castiñeiro de Cinoche”. “Tivo total liberdade artística, mantendo a esencia da idea inicial, e mesmo sumando algunha peza máis”, afirmou.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



