Os concelleiros do PP critican que dende o goberno de Burela se mire cara outro lado, fagan a vista gorda e non asuman o problema da okupación ilegal: “Votar en contra dos problemas dunha parte dos veciños de Burela é gobernar unicamente para unha parte do municipio”
Burela, 28 de novembro de 2025. Os concelleiros do PP de Burela criticaron con dureza a posición tomada pola alcadesa e o Grupo Socialista de “opoñerse sistematicamente a todas as propostas do PP, a pesar de que sexan para o beneficio de toda a veciñanza do municipio”.
No pleno deste mes, os concelleiros populares defenderon varias mocións, unha encamiñada a que o Concello de Burela asumise as funcións que lle outorga a Lei de Benestar Animal e outra para posicionarse en contra das okupacións ilegais de vivendas.
Na primeira das iniciativas, o Grupo Popular solicitaba que o Concello adaptase os seus protocolos ás esixencias establecidas pola normativa de benestar animal, propoñendo, entre outras medidas, o Concello asumise gastos relacionados coa xestión de colonias felinas, incluíndo esterilizacións, alimentación e un servizo continuo de asistencia para animais perdidos.
“Non pode ser que haxa diferenzas no acceso ás axudas municipais entre distintos sectores da veciñanza, o que é un criterio pouco equitativo”, denunciaron.
No referente á moción sobre okupación ilegal de vivendas, os concelleiros populares expresaron o seu desacordo coas emendas presentadas polo Grupo Socialista, que argumentou que este fenómeno non constitúe un problema significativo en Burela.
Dende o PP manifestaron que “si existen casos de inquiokupación no municipio e mesmo hai clans organizados para fomentar este tipo de práctcas”.
Os concelleiros populares critican que dende o goberno de Burela se mire cara outro lado, fagan a vista gorda e non asuman esta problemática. “Votar en contra dos problemas dunha parte dos veciños de Burela é gobernar unicamente para unha parte do municipio”, sentenciaron.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



