Viveiro, 28 de novembro, 2025. O eurodeputado do PPdeG Francisco Millán Mon subliñou que o “principal objetivo” dos populares galegos é que “aumente la cantidad garantizada de fondos europeos para la pesca”.
Millán Mon participou hoxe como relator nas XXIX Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que se celebran en Celeiro, para expoñer o futuro do financiamento europeo para a pesca post-2028.
O eurodeputado galego analizou a proposta da Comisión Europea para o próximo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 (MFP), que cualificou de “revolución en todos los ámbitos” e de “decepcionante para la pesca”. Tras referirse aos piares esenciais do Marco e aos interrogantes que suscita, o eurodeputado galego criticou a contía e a arquitectura do fondo.
Con respecto á contía, Millán Mon definiu o recorte do 67% dos fondos de pesca como “inasumible” e mencionou o agravio comparativo coa agricultura e a cohesión (que sofren recortes dun 20%), que tachou de “injustificado”. “Nuestro principal objetivo es que la cantidad mínima garantizada para pesca [2.000 millones de euros] aumente”, subliñou.
En canto á arquitectura, apuntou que “preferiríamos un fondo específico para la pesca”, co fin de manter a súa especificidade e visibilidade, así como para facilitar o acceso á axuda. Tamén se pronunciou en contra da renacionalización dos fondos: “Me preocupa que se ignore a las regiones, siguiendo el modelo de los Next Generation”.
“Podéis contar con que desde el PP sigamos presionando por mejorar la financiación de la pesca”, declarou Millán Mon, “pero el Gobierno de España también debe liderar la defensa de un fondo específico y bien dotado para la pesca”, salientou o eurodiputado galego, que apuntou que a aprobación do Marco require de unanimidade no Consello.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



