Ademais, crearase unha comisión de seguimento para actualizar periodicamente o grao de execución do acordado entre ambas as partes
Ortigueira, 29 de novembro de 2025. O goberno local de Ortigueira chegou a un acordo con Juan V. Penabad Muras, líder do PSOE de Ortigueira, para sacar adiante os orzamentos municipais 2026. No documento de acordo, establécense unha serie de medidas acordadas por ambas as partes para que o municipio poida contar cun documento económico actualizado e adecuado ás necesidades actuais.
Tras as negociacións—nas que participaron o alcalde, Valentín Calvín; a concelleira de Facenda, Isabel Rego, e o propio Muras—, esta folla de roteiro establece actuacións e investimentos a pedimento de Muras por un valor duns tres millóns de euros, que se irán executando de forma progresiva. Ademais, tamén se estima un millón de euros en posibles ingresos municipais extraordinarios.
Ditas investimentos chegarán a todas e cada unha das parroquias e crearase unha comisión de seguimento para ir actualizando o estado de execución. A maioría dos investimentos fan referencia a cuestións básicas como asfaltados, mantemento e ampliación de estradas municipais, iluminación, cuestións relacionadas coa recollida de lixos, ou redes de abastecemento e saneamento; aínda que tamén actuacións puntuais como un novo aparcadoiro de autocaravanas e unhas novas pistas deportivas en Espasante; a ampliación das prazas de aparcamento na contorna do CEIP José María Lage, ou a compra dunha parcelas para crear aparcamentos xunto ao centro social e a igrexa de Cuíña.
Este acordo recolle, segundo explican ambas as partes, “la voluntad de una gran mayoría de vecinos y vecinas de Ortigueira, que llevan meses demandándonos soluciones reales, algo que, indiscutiblemente, logramos con este acuerdo”. “Esto no es más que el resultado de meses de trabajo por y para Ortigueira, pues es el concello el que sale beneficiado”, afirman.
No acordo, ambas as partes manifestan que o seu único propósito é “mejorar los servicios y las necesidades de los vecinos y vecinas de este concello, valorando de forma conjunta cuales son los proyectos más prioritarios”. O goberno local considera este pacto “fundamental para la estabilidad del municipio y la ejecución de los proyectos”.
Por outra banda, lamentan la “falta de colaboración y de sentido de villa” de BNG e Primeiro Ortigueira, con quen tamén mantiveron xuntanzas para chegar a un posible acordo, “quedando claro desde el primer momento que anteponen sus intereses partidistas y personales antes que los de los vecinos y vecinas de Ortigueira; pues en ningún momento tuvieron la intención de llegar a un acuerdo”.
É por isto que agradecen ao líder dos socialistas de Ortigueira “la buena disposición mostrada para negociar un documento de tanto calado para el Concello”. Destacan que “más allá de las ideologías, la razón de ser de la política local es mejorar la vida de nuestros vecinos y vecinas”.
Por último, o goberno local celebra que “la política de pactos sigue siendo posible; eso sí, siempre que se den las condiciones necesarias de voluntad y altura de miras” y afirma que “continuaremos trabajando para construir un futuro mejor para todos”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



