Os senadores do PP por Lugo e o PP de Galicia, tamén en materia de vivenda, van en dirección contraria. Esta mesma semana, o PP no Parlamento de Galicia pronunciouse a favor do traspaso dos activos da SAREB á Xunta, mentres que os senadores do PP por Lugo esixían ao Goberno que destinase directamente eses inmobles situados en Galicia ao alugueiro. É dicir, dúas propostas distintas sobre un mesmo asunto.
O PP galego demostra que é incapaz de manter unha posición única e coherente nun tema tan serio como o acceso á vivenda, especialmente para a xente nova. Que no mesmo día os parlamentarios galegos defendan unha cousa e os senadores de Lugo a contraria, ademais de ser unha frivolidade inxustificable, evidencia que a súa única intención é utilizar o asunto de maneira interesada politicamente.
O PP de Galicia deixa claro que non se toma en serio o problema da vivenda. Como é posible que se reclame ao Goberno o traspaso das vivendas da SAREB e, ao mesmo tempo, se lle pida que as alugue directamente? Non hai política de vivenda no PP; o único que demostra é que quere atacar ao Goberno con calquera escusa, aínda que sexa ao prezo de contradicirse entre eles mesmos.
¿Estamos ante a enésima metedura de pata dos senadores do PP por Lugo, cuxa ansiedade por saír nos medios xa forma parte da paisaxe do Senado, ou existen realmente dúas posicións diverxentes no PP sobre vivenda? Tócalles aclaralo a eles mesmos.
César Mogo, senador socialista por Lugo



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



