A UAD celebrou o VI Certame de Arte para Calendarios, baixo o lema “Previr a SIDA día a día”, para reforzar a prevención do VIH durante todo o ano
Burela, 1 de decembro do 2025. A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Burela desenvolve este 1 de decembro unha nova campaña con motivo do Día Mundial da SIDA, centrada na prevención do VIH-SIDA e doutras ITS. Este ano tivo lugar unha nova edición do Certame de Arte para Calendarios de Parede, que chega á súa sexta convocatoria. A UAD lembra que o eslogan que acompaña á campaña dende hai dúas décadas é “previr a SIDA día a día”, empregado para reforzar que a prevención debe estar presente ao longo de todo o ano.
O calendario escollido para 2026 incorpora un traballo de Kevin López Orosa, estudante do ciclo de ensinanza e animación sociodeportiva do IES Monte Castelo de Burela. A distribución realizarase ao longo do día nos centros educativos, centros sanitarios, farmacias e organismos públicos da localidade.
Tamén se recoñeceu o mellor lema, galardón que recaeu en Lucas Iglesias Amor, alumno do mesmo ciclo, coa mensaxe: “A prevención non se ve… pero protéxete”.
A entrega dos premios tivo lugar no IES Monte Castelo, coa participación do Concelleiro de Xustiza Social e da traballadora social da UAD.
Con motivo da campaña, o concelleiro, Mario Pillado, salientou que “o obxectivo é lembrar que a prevención non debe quedar reducida a un só día, senón que debe formar parte da rutina da cidadanía ao longo de todo o ano”. Engadiu ademais que “é fundamental que a mocidade coñeza as vías de prevención, contaxio e tratamento do VIH, e que a información axude a derrubar prexuízos e a favorecer a integración das persoas portadoras do virus”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



