Viveiro, 4 de decembro, 2025. Os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia, en colaboración coa Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) poñen en marcha o proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”, unha iniciativa estratéxica deseñada para garantir o relevo xeracional no sector marítimo-pesqueiro galego e fortalecer a conexión entre a formación, o emprego e o territorio.
O proxecto de carácter bianual busca impulsar a Formación Profesional Dual Marítimo-Pesqueira como vía eficaz para atraer mocidade ao sector, mellorar a empregabilidade, reforzar a sustentabilidade do modelo produtivo e visibilizar as oportunidades laborais reais que ofrece o mar.
Neste período, desenvolveranse actividades dirixidas a centros educativos, concretamente aos niveis de E.S.O. como son: sesións de aula, experiencias de embarque para alumnado, visitas a instalacións pesqueiras ou unha estancia na illa de Ons.
O proxecto
“Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” aspira a converterse nunha ferramenta transformadora que conecte a mocidade coa realidade do sector, rompendo estereotipos e mostrando que o mar continúa sendo un ámbito profesional solvente, tecnificado, innovador e con forte impacto territorial.
O proxecto promove ademais a implicación activa dos armadores como axentes formadores na FP Dual, reforzando o vínculo entre o tecido produtivo e o sistema educativo, e contribuíndo a construír un modelo estable de relevo xeracional que dea continuidade á actividade pesqueira nas comunidades costeiras.
Conta coa colaboración do grupo Itsas Garapen Elkartea de País Vasco.
ACTO DE PRESENTACIÓN
O acto oficial de presentación do proxecto terá lugar o mércores 10 de decembro de 2025 ás 17:00 h na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, nun evento aberto ao sector, á comunidade educativa e á sociedade en xeral.
Durante o encontro explicaranse os obxectivos, metas e metodoloxía do proxecto, así como as oportunidades de participación para centros educativos, armadores, entidades formativas e profesionais do mar.
Para asistir ao acto inaugural é necesario confirmar participación antes do 5 de decembro, enviando nome, apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico ao e-mail info@arenariacoordinacion.com, ou chamando ao 633 33 54 63 (María) ou 608 98 92 58 (David).
Tamén será posible seguir o evento de xeito on line a través da súa retransmisión en directo cun enlace que será difundido polos GALP en días previos á cita.
O acto contará coa presenza de representantes institucionais e incluirá un petisco con produtos do mar característicos dos distintos territorios GALP.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



