José Tomé Roca e Marta Rouco Seoane formalizaron este venres un acordo no Pazo de San Marcos polo que a Deputación de Lugo achegará preto de 60.000€ ao concello chairego para acondicionar catro vías nos núcleos de Cabanamille e Ver
Lugo, 5 de decembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco Seoane, asinaron este venres un convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará case 60.000€ ao Concello chairego para mellorar a mobilidade no rural do municipio. Concretamente, este investimento servirá para acondicionar catro accesos nos núcleos de Cabanamille e Ver, nas parroquias de Belesar e Goiriz.
“Esta nova colaboración con Vilalba é froito do noso compromiso cos concellos para poder achegar ao rural servizos públicos de calidade que melloran o benestar da veciñanza”, valorou o mandatario provincial. Destacou que se trata dun acordo importante para Vilalba posto que Cabanamille e Ver son dous núcleos de poboación pequenos que representan á perfección o rural deste concello, con algunhas vivendas e explotacións agrícolas e gandeiras.
En Cabanamille rehabilitaranse tres vías que vertebran este núcleo de Belesar. Dunha parte, a actuación contempla a limpeza das cunetas de algo máis de catro quilómetros e doutra, a reparación do firme en dous quilómetros e medio do conxunto do trazado. En Ver, na parroquia de Goiriz, o Concello mellorará con cargo a este investimento algo máis de 600 metros do acceso desde a N-634. Os traballos neste caso inclúen a limpeza das cunetas e a mellora do firme.
Este acordo vén complementar o que a Deputación de Lugo asinou recentemente co Concello de Vilalba por outros 260.000€. Unha colaboración que servirá, entre outras cuestións, mellorar a mobilidade do núcleo urbano coa rehabilitación do firme no acceso ao barrio das Fontiñas e na rúa do Rego.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



