O pasado fin de semana inauguráronse en Viveiro o Belén e o alumbrado de Nadal. Quero comezar dicindo que me alegra que estas tradicións continúen vivas, porque forman parte da identidade do noso concello e contribúen a dinamizar a economía local nun momento clave do ano.
Porén, tamén considero necesario facer unha reflexión. O Belén, que hoxe vemos consolidado e que tantas persoas visitan, non estivo sempre aí. Durante varios anos deixou de instalarse en Viveiro, por motivos que toda a veciñanza coñece e nos que non vou entrar porque non creo que sexa necesario volver sobre eles.
O importante é que, no ano 2014, dende o goberno socialista decidimos recuperar o Belén. Fixémolo con ilusión, con responsabilidade e cun profundo respecto polo patrimonio. Ano tras ano consolidámolo ata convertelo nun reclamo turístico esencial do Nadal en Viveiro, capaz de atraer visitantes, crear ambiente e contribuír ao comercio e á hostalaría nun momento de especial relevancia para a cidade.
O mesmo ocorre co alumeado de Nadal. A práctica totalidade da iluminación do casco histórico é hoxe propiedade municipal porque durante anos fomos adquirindo e ampliando esa iluminación, mellorando cada campaña para que Viveiro tivese un Nadal atractivo, de calidade e ao nivel que a nosa cidade merece.
Non escribo isto para atribuír méritos persoais nin partidistas. Gobernar é traballar polo teu concello, e así o fixemos. Pero si creo que é importante lembrar que moitas das cousas que hoxe vemos como naturais, e que agora se presentan coma se fosen novas, cando antes se criticaban, foron posibles grazas a unha planificación e a unha xestión realizada durante anos.
A memoria non é un exercicio de confrontación, senón de honestidade. E Viveiro merece que se fale con claridade sobre o traballo que hai detrás de cada avance, tamén daqueles que continúan agora con normalidade.
Alégrome de que o Belén siga adiante. Alégrome de que o alumeado siga iluminando o noso casco histórico. E alégrome, sobre todo, de que Viveiro siga avanzando.
Pero creo que tamén é xusto dicir que o presente que hoxe disfrutamos naceu dun traballo previo, dun compromiso firme coa cultura, co turismo e coa vida da nosa cidade.
María Loureiro García
Portavoz do Grupo Municipal socialista




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



