Lugo, 18 de decembro de 2025. O grupo provincial do BNG censurou o “carroñeirismo político e o cinismo” do Partido Popular en relación coa denuncia de acoso sexual contra José Tomé.
“A sucesión de declaracións de Ameijide, Candia e este mércores o señor Rueda demostran que a única preocupación do Partido Popular é sacar rédito partidista desta situación, nun exercicio de carroñeirismo político e cinismo insoportable”, denunciou o vicepresidente Efrén Castro.
O deputado nacionalista sostivo que “o machismo ten hoxe un forte rexeitamento social polo traballo do feminismo nas rúas e nas institucións. O Partido Popular desprezou sempre profundamente ese feminismo ao que agora se agarra para tratar de chegar á presidencia da Deputación, que é o seu único obxectivo desde o primeiro minuto”
“O seu interese polas vítimas é cero como xa teñen demostrado mantendo durante 4 meses no cargo a un Conselleiro denunciado xudicialmente por agresión sexual ou premiando cun posto no Senado a Xosé Manuel Baltar despois de coñecerse gravacións que o sinalaban por ofrecer un posto de traballo a cambio de relacións sexuais”, lembrou.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



