Viveiro, 30 de decembro, 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro critica con dureza o procedemento empregado polo goberno local para aprobar os orzamentos municipais, que —segundo sinalan— se levou a pleno “fóra de prazo, sen transparencia e sen as garantías democráticas mínimas”.
O PSOE lembra que os orzamentos estaban xa prorrogados automaticamente, polo que a súa aprobación o 29 de decembro non tiña carácter urxente. Aínda así, o executivo convocou unha comisión informativa ás 8.30 horas “sen tempo para estudar a documentación” e celebrou o pleno nunha sala de xuntas “insuficiente, sen espazo para a Corporación nin para a veciñanza”.
O grupo socialista denuncia tamén a falta de publicidade do pleno, anunciado nas redes sociais municipais apenas unha hora antes, e considera “especialmente grave” que a sesión non fose gravada nin retransmitida cos medios técnicos habituais. “Non hai garantías sobre cando nin como se publicará a gravación”, afirman.
Para o PSOE, esta situación supón “unha quebra evidente do principio de publicidade dos actos plenarios” e un “retroceso democrático” no funcionamento institucional do Concello. Engaden que existían alternativas viables, como o Conservatorio de Música, xa utilizado noutras ocasións.
O grupo socialista critica ademais o ton empregado pola alcaldesa ao pechar a sesión, “sen permitir réplica e con expresións impropias dun cargo institucional”.
Críticas ao contido dos orzamentos
O PSOE votou en contra dos orzamentos por consideralos “sen proxectos nin investimentos reais”, baseados en anuncios inconcretos e en proxectos herdados do anterior goberno. Tamén sinalan contradicións entre o discurso actual do executivo e as críticas que facía cando estaba na oposición.
No plano económico, destacan que o orzamento apenas medra un 0,79 %, baixan os ingresos propios —especialmente taxas e prezos públicos, cun descenso próximo ao 10 %— e redúcense partidas como enerxía eléctrica, actividades culturais e deportivas. Pola contra, aumentan as transferencias doutras administracións e os gastos de persoal.
O PSOE conclúe que o documento “non presenta un proxecto claro nin ambición para mellorar os servizos públicos”, e que Viveiro “merece institucións abertas, respectuosas e transparentes”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



