Adxudicado tamén, por máis de 600.000€, a contratación para a adquisición de dúas retrocargadoras para o Parque Móbil necesarias para o mantemento das vías municipais en toda a provincia
Lugo, 2 de xaneiro de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por máis de 1M€ para seguir mellorando a mobilidade e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia. Estes actuacións permitirán renovar e acondicionar vías provinciais nos concellos de Lugo, Castro de Rei, Outeiro de Rei; así como camiños municipais no concello de Cervantes, e reforzar o equipamento do Parque Móbil provincial.
En canto as estradas provinciais, adxudicáronse os traballos de acondicionamento nos tres primeiros quilómetros da estrada LU-P-2902, que une Lugo con Ponte de Ombreiro, por un importe de case 211.000 euros a cargo de Explotaciones Gallegas SL. O tramo comprendido entre o inicio da vía e a estación potabilizadora de augas será obxecto de reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal, mellorando a conexión entre a zona das Saamasas e a parroquia de Ombreiro.
Entre Castro de Rei e Outeiro de Rei, a estrada LU-P-1107, que conecta Castro con Rábade, será acondicionada nun tramo de preto de nove quilómetros cun investimento de 163.600 euros, a cargo de Construcciones Carballeira SL. Os traballos inclúen tamén reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización, beneficiando o acceso a equipamentos e espazos públicos como a Casa das Insuas.
Melloras de camiños municipais no Pandelo, Val de Horta e Lamas
A Xunta de Goberno sacou adiante un convenio de colaboración entre a Deputación e o concello de Cervantes para renovar accesos e camiños municipais en diferentes puntos no lugar do Pandelo, Val de Horta e Lamas, na parroquia cervantega de San Xiaio de Lamas. En todos os casos, os traballos consistirán na limpeza dos camiños, reapertura de cunetas e acondicionamento do firme. Unhas tarefas que mellorarán e garantirán a seguridade destas vías municipais moi transitadas por maquinaria agrícola que se desprazan ás explotacións gandeiras que hai na zona. O orzamento total ascende a case 50.000€, dos cales a institución provincial destina practicamente a cantidade íntegra aportando 48.400€ á entidade local que terá de prazo de execución dous meses para acometer os traballos.
Por outra banda, en materia de convenios a Deputación acordou destinar 23.900€ á Asociación Penitenciaria Concepción Arenal para desenvolver un programa de reinserción laboral baixo o título Preparando liberdades: programa de apoio á reinserción social de persoas con trastorno por consumo de sustancias, que busca a reinserción social e laboral de persoas con trastorno por consumo de substancias nos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. O obxectivo é manter a abstinencia, mellorar o benestar persoal e preparar aos participantes para a súa integración social tras a saída da prisión.
Nova maquinaria para o Parque Móbil
Finalmente, a Deputación investirá máis de 600.000 euros na renovación da maquinaria do Parque Móbil para mellorar o mantemento das vías municipais en toda a provincia. Adxudicáronse unha pala de cadeas tipo Bulldozer con coitela frontal e ripper, así como dúas retrocargadoras novas, con prazo de entrega de 30 días. O contrato tamén inclúe a retirada de dúas palas cargadoras antigas. Esta actualización permitirá optimizar as obras de rehabilitación de estradas e facilitar os traballos en terreos complexos.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



