Haberá tamén un espectáculo a cargo do grupo Cirquack
Barreiros, 3 de xaneiro 2026. No seu periplo polas diversas localidades da Mariña, os Reis Magos chegarán ás escolas de Celeiro de Mariñaos o próximo luns ás 5 da tarde para repartir agasallos e lambetadas. Alí esperáraos toda a rapazada que disfrutará desta Tarde de Reis que a Asociación Veciñal e Cultural Irmandade San Caetano tén preparada coma en anos anteriores e na que non faltará o chocolate e o roscón.
Cirquak, espectáculo, pedagoxía e diversión
A diversión continuará despois da chegada dos Reis cos artistas de Cirquack, que é un colectivo de artes circenses e escénicas, do que forman parte A.Fuego e Caramelino Garcés, unha parella especialista en malabarismos e danza acrobática que fan tamén espectáculo de variedades. Con experiencia no mundo da escena traballan na creación de espectáculos, proxectos pedagóxicos, procesos formativos, investigacións e iniciativas que xeneren espazos de diversión, reflexión, conciencia, sorpresa, aprendizaxe e ledicia para toda a comunidade.
Proceden de Colombia e agora mesmo están de xira por Galicia.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



