22 dos 27 Estados Membros da Unión Europea (UE), cunha poboación conxunta que soborda o limiar do 65% da poboación total europea que esixe a lexislación da UE, veñen de aprobar o tratado da UE co Mercosur (Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai). Un Tratado moi sensíbel para a economía galega pola nosa forte dependencia do sector primario e polo vencellamento desta actividade tanto coa saúde e autonomía alimentaria como coa conservación do territorio.
A maior parte das preocupacións céntranse na competencia desleal e no impacto ambiental. Galicia é unha potencia en produción de vacún. O tratado facilitaría a entrada de carne suramericana a prezos moito máis baixos, porque poderían producir en réxime de dumping regulatorio, sen suxeición á moi esixente lexislación sanitaria e ambiental europea. Este fenómeno podería afundir as explotacións familiares galegas, que non poden competir en custos de escala. O dito para o vacún de carne vale tamén para a produción de aves. Por outra banda, este abandono de explotacións gandeiras por falla de rendibilidade aceleraría o despoboamento rural e aumentaría o risco de incendios forestais pola falla de xestión do territorio.
Os sectores industriais alemáns, nomeadamente o automóbil, a maquinaria e o farmacéutico o son os grandes gañadores da aprobación deste tratado comercial, canda o sector exportador do aceite de oliva español e italiano e as empresas construtoras e concesionarias de servizos públicos. Pódeselles abrir un mercado de máis de 260 millóns de consumidores que sempre alicerzou o seu comercio exterior, sobre todo no Brasil,, na blindaxe alfandegueira dos altos aranceis e que agora se vai desarmar arancelariamente, malia que de paseniño.
Tamén no noso país haberá beneficiarios, nomeadamente os subsectores exportadores do automóbil do polo industrial de Vigo (Stellantis e industrias auxiliares), da industria conserveira galega de peixe e marisco procesado e dos viños galegos, malia que os efectos desta apertura gradual dos mercados suramericanos será tamén moi gradual, nunca nos termos de vida ou morte cos que se formula para o sector da carne de vacún e de aves.
Velaí que a resposta en Galicia estea ser maioritariamente crítica, dende todas as organizacións sindicais agrarias e dende o sector produtivo, nomeadamente a IXP Ternera Gallega. No ámbito político compre salientar a firme resposta do BNG no Parlamento Europeo e no Congreso a medio dos seus voceiros Ana Miranda e Néstor Rego. Para o BNG o Tratado esfarela a posibilidade da nosa soberanía alimentaria e sacrifica o modelo de calidade e coidado do territorio da agrogandería galega e europea deixando o oco para o imperio das multinacionais, que producen alimentos sen suxeición aos estándares ambientais e de saúde humana e animal que rexen na Europa.
Territorialmente o chamado “eixe do vacún” (Terra Chá, Os Ancares, Sarria e A Fonsagrada) concentra o maior censo de gando vacún de carne de Galicia. A entrada de carne de Arxentina ou Brasil sen aranceis podería provocar unha caída de prezos que faría inviábeis as pequenas e medianas explotacións, que teñen custos de produción moito máis elevados que as macrogranxas suramericanas. Canto ás bisbarras d´A Limia, Verín e O Bolo onde a gandería extensiva é clave para a xestión do territorio, o impacto non sería só económico, senón demográfico. O peche de granxas nestas comarcas aceleraría o despoboamento e aumentaría a vulnerabilidade diante dos incendios forestais por falla de limpeza do monte.
Xa que logo, dende a perspectiva galega, dende a perspectiva local, o sacrificio que se lle esixe a estes subsectores e comarcas non é aturábel en comparanza cos gaños doutros sectores galegos. De feito faltou a primeira voz dos supostos sectores beneficiados na Galicia que defendese este Tratado. Mais, como ven de afirmar o profesor da USC Edelmiro López (director xeral de Desenvolvemento Rural- 2005 a 2009- co conselleiro nacionalista Suárez Canal) verdadeiramente falta esa estratexia a medio e longo prazo da Xunta e do Goberno do Estado para apostar no vacún de carne galego polas producións diferenciadas e de calidade, afortalando a súa posición relativa a respecto das exportacións a baixo prezo.
Dende unha perspectiva global este Tratado semella que pertence a outra época. Exportar produtos agrarios das macroexplotacións suramericanas xerará unha insostñibel pegada de carbono e esfarelará a autonomía alimentaria europea, pondo en perigo a saúde e o ambiente.























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



