Foz, 12 de xaneiro, 2025. A Asociación Cuiden Maiores e Coidadores fixo pública a súa denuncia pola situación vivida na tarde do mércores 7 de xaneiro no Centro de Saúde de Foz, un episodio que considera representativo dun problema estrutural da sanidade pública galega, que afecta ao conxunto da poboación pero que impacta con especial gravidade nas persoas maiores.
Segundo explica a entidade, acompañouse a unha persoa de máis de 70 anos que presentaba un cadro agudo con febre, tos, dor e malestar importante. A paciente agardou máis de dúas horas e media para ser atendida e, finalmente, comunicóuselle que non sería atendida por razóns organizativas e de fin de horario, recomendándolle desprazarse ao PAC do Hospital da Costa, en Burela, ou regresar ao día seguinte. Dada a súa condición física, esa alternativa resultaba practicamente inasumible, polo que tivo que marchar sen recibir atención sanitaria.
A asociación xa trasladou o sucedido pola vía administrativa á Xerencia da Área Sanitaria de A Mariña, Lugo e Monforte, pero decidiu facelo público ao considerar que non se trata dun caso illado, senón dunha dinámica que se está repetindo.
Cuiden Maiores subliña que esta situación supón unha vulneración do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria efectiva, ao quedar unha persoa enferma sen asistencia por motivos exclusivamente organizativos.
A entidade insiste en que non se trata dunha crítica ao persoal sanitario, senón dunha denuncia dirixida ás administracións públicas pola súa responsabilidade na planificación, dotación e organización do sistema sanitario.
Lembra ademais que as persoas maiores, pola súa maior vulnerabilidade física e funcional, sofren con máis intensidade as esperas prolongadas, os desprazamentos nocturnos e a falta de atención efectiva.
Por todo isto, Cuiden Maiores e Coidadores esixe unha revisión urxente da dotación de persoal, dos protocolos de atención e dos mecanismos de protección das persoas maiores no acceso á sanidade pública.
A asociación conclúe que a sanidade pública é un dereito e debe funcionar tamén cando unha persoa está enferma e non pode máis. “Non pedimos privilexios, pedimos dereitos”, afirman.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



