A erosión de intereses e valores entre as dúas beiras do Atlántico, reflectido na crise de Grenlandia, anticipa o colapso funcional da OTAN. Europa está a descubrir que o paraugas de seguranza americano ten hoxe máis buracos que tea. Hoxendía o imperialismo unilateral e monroviano dos Estados Unidos —que non é exclusivo de Donald Trump, senón unha tendencia estrutural do seu electorado— require da Unión Europea (UE) a adopción dunha decisión histórica. A dependencia de terceiros para a defensa propia é a antítese da autonomía estratéxica europea. Cómpre dotarmos dunha arquitectura de defensa propia, como xa escribimos, con menos evidencias, en marzo de 2025, nestas mesmas páxinas.
A actual fragmentación é unha gravísima ineficiencia que non nos podemos permitir. Segundo datos do Servizo de Investigación do Parlamento Europeo (EPRS), a falla de cooperación entre os Estados Membros (EM) da UE na defensa supón un custo de entre 25.000 e 130.000 M €/ano anuais, por mor da duplicidade de sistemas de armamento e maila falla de economías de escala. O aforro real entre esas dúas cantidades tan diferentes será tanto maior canto máis se unifique a política de defensa europea. Só unha política única de defensa europea pode ser eficaz, eficiente e compatíbel co mantemento e mesmo o afondamento do Estado de Benestar que constitúe, canda o imperio da legalidade e os dereitos fundamentais das persoas, os alicerces do sistema civilizatorio europeo.
Na actualidade, a UE opera con máis de 170 sistemas de armas diferentes, mentres que os EUA operan con apenas 30. Esta balcanización técnica obriga a unha dependencia tecnolóxica externa que drena recursos públicos sen xerar un retorno industrial real no noso territorio. Unha industria de defensa integrada, financiada con eurobonos ou mecanismos de débeda conxunta, permitiría optimizar o gasto. Se as compras se realizan nun mercado único de defensa europeo, o multiplicador económico ficaría na casa, fomentando o I+D+i e o emprego cualificado dende Galicia até Polonia. Porque unha defensa integrada reduciría o gasto agregado dos orzamentos estatais mediante a eliminación de duplicidades. Ao centralizar as capacidades (intelixencia satelital, transporte estratéxico, ciberdefensa…), libéranse recursos que hoxe se perden na ineficiencia burocrática de 27 exércitos estancos. Se ao investimento en defensa non se lle da canle a través de estruturas europeas a medio dun único sistema europeo de defensa, estaremos a regar o complexo militar-industrial norteamericano mentres aquí recortamos en sanidade, educación e servizos sociais.
Esta UE da Defensa require de reformas normativas para superar a actual arquitectura de mínimos do actual Tratado de Unión Europea (TUE). A UE ha camiñar cara a unha mutación constitucional que transforme a Política Común de Seguridade e Defensa (PCSD) nunha verdadeira estrutura federal. Isto esixiría eliminar a necesidade de unanimidade no Consello para decisións operativas, evitando que un só EM (como acontece hoxe con Hungría en diversos asuntos) poida vetar a capacidade de resposta do bloque. Esta mutación constitucional podería alicerzarse, consonte cos artigos 42.6 e 46 TUE, como “cooperación estruturada permanente (PESCO)” ,de xeito que os EM que o decidan poidan principiar axiña unha cooperación militar moi estreita a medio do desenvolvemento de protocolos de integración orgánica, creando, no operativo. unidades de combate con mando único europeo e no comercial unha Axencia Europea de Defensa con potestades reguladoras reais sobre o mercado de armamento, funcionando como unha autoridade de competencia militar.
O mantemento e afondamento no Estado de Benestar e o éxito desta nova política de defensa require dun Fondo europeo de Defensa, substancialmente semellante ao NextGenerationEU, que emitise débeda conxunta europea para non reducir os fondos estatais, nacionais e locais destinados á sanidade, educación, servizos sociais ou dependencia, coa fin de financiarmos a transición cara a unha autonomía estratéxica europea.
Este proceso ha respectar o principio de subsidiariedade, permitindo que nacións con capacidades industriais específicas, como Galicia (estaleiros de Navantia, hub aeronáutico das Rozas-Outeiro de Rei ou as nosas TIC que poderían codesenvolver o software de combate europeo) sexan actores directos nesta nova cadea de valor, sen pasarmos polo filtro centralista do Estado español. Neste senso, o paso dunha economía de defensa balcanizada que lle merca aos EUA a unha de desenvolvemento propio europeo beneficiaría directamente ao tecido empresarial galego. Se os centros de decisión permanecen na Europa e os centros de produción na Galicia a industria da defensa e protección civil contribuiría financiar os nosos servizos públicos a medio dunha base fiscal máis sólida e tecnolóxica.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



