Ribadeo, 27 de xaneiro de 2026. O 8 de marzo partirá de Ribadeo a quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello. No Pazo de Ibáñez tivo lugar esta mañá a presentación na que participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, o presidente da asociación de Amigos del Camino del Mar (organizadora do evento), e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Manuel Vicente indicou: “eu creo que o Camiño do Mar é unha oportunidade non só para a Ribadeo, senón para a toda comarca e un pouco tamén recuperar a hospitalidade que sempre tivo Ribadeo, a hospitalidade que sempre tivo a comarca, e é invitar a toda a xente que poida a participar nesta quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello para recorrer os 280 quilómetros, contando coa colaboración de todos os concellos polos que pasa o Camiño do Mar. Agradecervos hoxe a todos vosoutros hoxe aquí representados todos os alcaldes dos Concellos polos que discorre o Camiño do Mar, a Dani Vega, aos concelleiros, a Carmen Cruzado, un pouco en presentación da sociedade de todos os municipios polos que pasa o Camiño do Mar. E invitar a todos a participar nesta quinta edición, que arrincará en Ribadeo o vindeiro 8 de marzo desde Ribadeo”.
Carmen Cruzado declarou: “estamos encantados de colaborar nesta quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello, para o comercio, a hostalería, a restauración, os aloxamentos, os albergues, para todos é moi importante o Camiño do Mar e tamén o Camiño Norte, non nos vamos esquecer del, evidentemente son un revulsivo económico importante. Acisa é punto de selado das credenciais do peregrino e agardamos poder seguir colaborando moitos anos mais e que esta iniciativa sexa todo un éxito, como sempre”.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “isto crea riqueza e crea valor. Unímonos todos porque consideramos que o Camiño do Mar, o Camiño Norte, dous camiños que ten Ribadeo, porta de entrada, de inicio de dos camiños, creo que debemos sabelo aproveitar. Agradecémoslle a Manuel Vicente, a ti e a toda asociación, que pense en Ribadeo e que pense en conxunto de comarca e tamén Acisa, que sempre sabe facer moi ben o que é aproveitar todo para impulsar o noso comercio. Ribadeo é capital comercial, polo tanto é bo que nun espazo no que temos o comercio en aberto todo o noso patrimonio poñelo en valor polo mar e tamén a través do Camiño Norte, que é patrimonio da humanidade. Nunca nos esquezamos que é un patrimonio que nos deixaron, que nos entregaron e agora temos a responsabilidade de coidalo. Moitas grazas a todos e fagamos o Camiño”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



