O Vicedo, 29 de xaneiro de 2026. O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello do Vicedo participou no pleno ordinario do mércores 28 de xaneiro, no que a sesión comezou cunha proposta do equipo de goberno para denominar o pavillón municipal como “Jesús Bellas Kubala”, unha iniciativa coa que o PSdeG mostrou o seu total acordo.
Trátase dunha proposta apoiada por unanimidade, da que o grupo socialista se declarou orgulloso, ao considerar que supón un recoñecemento especial que quedará para sempre na historia do noso deporte, pasado, presente e futuro.
A continuación, o PSdeG do Vicedo defendeu de novo a moción para a gravación e difusión dos plenos municipais, unha medida básica de transparencia democrática. Porén, o equipo de goberno votou outra vez en contra, rexeitando unha proposta sinxela, asumible e xa implantada en numerosos concellos da contorna.
No mesmo pleno, o PSdeG levou tamén unha batería de rogos e preguntas centradas na necesidade dunha planificación municipal real para 2026, máis alá de actuacións puntuais, así como na mellora dos servizos básicos, reclamando investimentos en saneamento e actuacións en materia de seguridade viaria, especialmente na zona do Cacheiro.
Así mesmo, solicitouse reforzar os recursos para a atención de nenos e nenas con necesidades específicas, actualizar a páxina web municipal e proceder á revisión e reparación de elementos urbanos en mal estado que supoñen un risco para a veciñanza.
Dende o PSdeG do Vicedo reiterouse o compromiso cunha xestión responsable, planificada e transparente, defendendo un Concello aberto, accesible e centrado nas necesidades reais da veciñanza.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



