José María Fernández insta ao alcalde a centrar o seu esforzo en traballar pola veciñanza en lugar de confrontar constantemente coa Xunta
Trabada, 29 de xaneiro de 2026. Os concelleiros do PP de Trabada lamentan, unha vez máis, a actitude de Rubén García que volve optar pola confrontación coa Xunta de Galicia en lugar de defender os intereses dos veciños e veciñas de Trabada.
O voceiro popular, José María Fernández, explica que a realidade é clara: “o peso político do alcalde de Trabada dentro do PSOE é inexistente. Non é que non lle fagan caso, é que directamente non lle dan a palabra”.
Unha falta de influencia que se traduce nunha ausencia total de reivindicacións ante o Goberno central, “que é quen ten competencias directas en cuestións clave que afectan ao día a día da cidadanía e sobre as que está a pedir solucións ante a Xunta”.
José María Fernández sinala que, no que respecta á falta de médicos, cómpre lembrar que se trata dun problema real a nivel estatal, ante o que o alcalde debería esixir ao Goberno central medidas urxentes para paliar esta situación, comezando polo aumento do número de prazas formativas e unha planificación seria que garanta médicos suficientes.
O mesmo sucede cos problemas no servizo de Correos. Trátase dunha competencia do Goberno central. Se realmente lle preocupasen estas deficiencias, o alcalde debería alzar a voz dentro do seu partido e esixir solucións inmediatas. Porén, todo indica que esa non é a súa prioridade.
José María Fernández recorda que o alcalde “antepón a estratexia de confrontación política coa Xunta de Galicia a traballar de forma leal e responsable para mellorar os servizos públicos no municipio”. “Calquera escusa parécelle válida para atacar á Xunta, mentres evita reclamar actuacións ao Goberno central, que é quen ten as ferramentas para resolver moitos dos problemas que afectan a Trabada”, explicou.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



