Hai un par de días atopeime nun xornal cun titular (era unha sección dun artigo): “O que beneficia o dono beneficia o futuro inquilino”. Asi, entre comiñas. Díxenme que debía ser un erro. Pero o titular fixo o que posiblemente era a sua función primeira: levarme a ler. E si, alí estaba citado de novo exactamente igual, en boca de quen falaba, cargo político na Xunta atacando o goberno (central, claro, non o seu propio). Para comprobar entón que non era eu o que estaba fiando mal o meu pensamento, o primeiro que se me veu á cabeza foi un contraexemplo: eu, propietario de varios pisos, subo o alugueiro. Poñamos de 500 € a 550 €. Se os pisos seguen a estar ocupados, saio gañando 50 € brutos máis cada mes por cada piso, logo saio beneficiado. Saen beneficiados os meus inquilinos? Poderei venderlles a moto (por exemplo, dicindo que vou manter mellor as vivendas) pero non, non saen beneficiados, senón prexudicados. É un caso só a modo de contraexemplo, e en xeral (non digo que non poda haber algunha excepción, aínda que a min no se me ocorra) se o dono sae beneficiado, o inquilino non sae beneficiado en absoluto, senón prexudicado.
Por suposto, o problema da vivenda (prezos de compra e alugueiros altos, escaseza de vivendas) non é sinxelo de resolver, ao menos dende dentro do sistema de ‘libre mercado’ en funcionamento hoxe, considerando ‘o mercado da vivenda’, é dicir, a vivenda, como mercadoría nun ‘mercado libre’ e non como necesidade ou dereito. Dito doutro xeito, é un desenvolvemento ‘sinxelo’ nas causas, pero complexo na aplicación de posibles solucións sen cambiar esquemas xerais e cousas particulares ben diversas. Un problema en relación ó que, unha vez aceptado o funcionamento do mercado, un único propietario non pode facer case nada aínda que venda de saldo o seu pelello. Tampouco se pode enfrontar coma algo local (é internacional, e non só no noso entorno europeo) aínda que algunha medida/norma/lei poda mitigalo. Polo que parece, é un problema irresoluble sen ter presente que está causado por un fenómeno que non ten orixe no mercado da vivenda (a concentración extraordinaria da renda e a riqueza, que contribúe a agravar co seu funcionamento) nin solución limitándose só a aumentar o parque de vivendas que se ofrecen no mercado (que nunha proporción en aumento serán adquiridas pola demanda de alta riqueza, retroalimentando a suba de prezos e a concentración e en definitiva, o problema).
Un proceso antisistema? Ou sexa, é un problema que non se pode resolver dentro do sistema? Está comprobado ó longo da historia que o sistema capitalista, sen correccións, desequilibrase e remata por ter algún tipo de estoupido (social, guerra,…) que tenta corrixilo. Nese caso, como antídoto, preconízase o frear as desigualdades e a concentración de riqueza, e evitar que a vivenda siga sendo usada como investimento sen considerar a súa necesidade. O considerar prioritarios os beneficios dos donos, sen máis, non vai nese sentido.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



