O Concello premiará as tres mellores clasificacións en cinco categorías diferentes.
Cariño, 4 de febreiro, 2026. O Concello de Cariño repartirá preto de 3.600 euros en premios durante a celebración do Entroido, unha das citas festivas máis agardadas do municipio e que contará cunha variada programación pensada para todos os públicos. Este ano, o Entroido municipal dará comezo o 14 de febreiro e estenderase ata o día 17.
O prato forte chegará o domingo 15 de febreiro, coa celebración do tradicional desfile de disfraces, que partirá ás 18:00 horas desde o Polideportivo Municipal e estará amenizado pola Batería do Cariño. Neste desfile, que rematará na praza Roxa, o Concello de Cariño repartirá 3.595 euros en premios a dividir entre os tres primeiros clasificados das distintas categorías.
Na categoría de Comparsas entregaranse premios de 1.300, 800 e 400 euros. En Grupos de Adultos (máis de tres persoas), os premios serán de 300, 150 e 100 euros. Para Adultos Individual ou Parellas, repartiranse 150, 75 e 50 euros. En Grupos Infantís (máis de tres participantes), os premios serán de 90, 60 e 30 euros, mentres que na categoría de Infantil Individual ou Parellas se concederán 50, 25 e 15 euros.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destaca que “el desfile del Entroido es el momento más especial de toda la programación, una cita que cada año demuestra la creatividad y el trabajo en grupo de nuestros vecinos y vecinas. Desde el Concello hacemos un esfuerzo importante para ofrecer premios atractivos porque queremos reconocer ese esfuerzo y animar a que participe gente de todas las edades”.
As inscricións para participar no desfile permanecerán abertas ata o xoves 12 de febreiro ás 14:00 horas, coas bases dispoñibles para consulta na páxina web municipal.
A programación municipal dará inicio o sábado 14 de febreiro
A programación comezará o sábado 14 de febreiro, con animación infantil na carpa da praza Roxa de 16:30 a 19:30 horas, con inchables e xogos xigantes de madeira. A partir das 21:30 horas haberá un pasarrúas coa charanga Brassica Rapa e desde as 23:30 horas actuarán o Grupo La Disquetera e a Disco Móbil Chocolate.
Despois do desfile do domingo, o luns 16 de febreiro continuará a programación con animación infantil, inchables, xogos e obradoiros na praza Roxa de 16:30 a 19:30 horas. Ás 21:30 horas terá lugar outro pasarrúas, nesta ocasión coa Charanga Santa Compaña, e a partir da 1:00 horas haberá sesión musical con DJ Miguel GZ.
O Entroido despedirase o martes 17 de febreiro con animación infantil, inchables e xogos populares na carpa da praza Roxa, poñendo o broche final a varios días de festa no municipio.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



