O traballo será realizado por persoal da empresa SIGMADOS
Viveiro, 15 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística (INE) en Lugo comunicou a realización, dentro do programa de enquisas dirixidas aos fogares, da Enquisa de Características Esenciais da Poboación e as Vivendas 2026. O obxectivo principal desta acción é proporcionar información detallada sobre persoas, vivendas e edificacións. Para este fin, o INE seleccionou unha mostra en Viveiro composta por 97 vivendas.
A enquisa será realizada pola empresa SIGMADOS S.L., polo que persoal desta entidade, debidamente identificado, poñerase en contacto cos fogares seleccionados para cumprimentar o cuestionario. Ademais, as vivendas incluídas na mostra recibirán unha carta informativa na que se lles comunicará a súa selección para participar.
O Concello lembra que a información facilitada polos fogares é confidencial e está protexida polo segredo estatístico, de acordo coa Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública.
Para máis información sobre esta operación estatística, pódese consultar a web do INE. Tamén se pode contactar coa Delegación Provincial do INE en Lugo (Rúa Doutor García Portela, 19, 27002 Lugo; teléfono 982 284 600).






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



