Galicia non se entende sen o sentido do colectivo. Fronte ao capitalismo de casino, BOE e Estadio Bernabeu e o individualismo de certa globalización, o noso país mantén vivos uns modelos de propiedade e xestión que son, en si propios, unha declaración de soberanía civilizadora. Falamos da economía social e dos montes en man común: dous dos alicerces que sosteñen o edificio dunha Galicia que quere producir para vivir e non vivir para extraer.
A importancia cuantitativa da economía social en Galicia é moi potente. Estamos diante dun motor que achega arredor do 7% do PIB galego. Con máis de tres milleiros de entidades, entre cooperativas, sociedades laborais (S.L.L. e S.A.L.) e centros especiais de emprego, este modelo garante o arraigo do capital ao territorio. O diñeiro non foxe a fondos de investimento en Madrid, New York ou Londres; fica no noso territorio, nas distintas bisbarras galegas.
Cualitativamente, a economía social é o antídoto contra a deslocalización. As cooperativas, nomeadamente as agroalimentarias, son o exemplo máximo de democracia económica: unha persoa socia, un voto. Neste escenario, o papel de axentes como a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) é fundamental. AGACA non é só unha patronal do cooperativismo; é o escudo protector do noso sector primario, permitindo que o pequeno produtor gañe músculo comercial sen perder o control sobre a súa terra nin sobre o seu futuro. No sector cooperativo agroalimentario salientan por dereito propio a ourensá COREN, fundada polo empresario galeguista Eulogio Gómez Franqueira e CLUN (fusión no 2016 de FEIRACO, Irmandiños e Melisanto) As sociedades laborais, pola súa banda, representan a excelencia da corresponsabilidade, transformando o conflito capital-traballo nunha sinerxía de supervivencia e éxito compartido. A economía social ten unha moi importante resiliencia, como amosou de vez na pasada Grande Depresión, fronte á grave destrución de emprego na Galicia das multinacionais. E todo o que gaña, que é moito, reinvísteo na súa contorna.
Se a economía social é o músculo, o monte en man común é o esqueleto da Galicia rural. Falamos dunha institución xurídica única, de orixe xermánica, onde a propiedade non pertence ao individuo nin ao concello senón á comunidade veciñal, quer do lugar, quer da parroquia, pola súa propia existencia. Son na nosa Galicia case 700.000 hectáreas —un terzo do territorio do noso país — xestionadas por máis de 2.800 comunidades. A súa importancia é estratéxica. O monte veciñal é o garante da biodiversidade, da prevención de incendios e da multifuncionalidade (madeira, castaña, gando, enerxía, canda o equilibrio ambiental, o lecer e a mellora dos investimentos culturais, deportivos e lúdicos da comunidade local). Para dar voz a esta grande realidade xurídica e social existe dende hai máis de trinta anos a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común (ORGACCMM) xoga un papel político e reivindicativo imprescindíbel. Fronte ás pretensións dos sucesivos gobernos do PPdeG dende 2009 de “publicitar” (anexando na praxe as mancomunidades e os seus montes á propiedade e xestión pública burocratizada da Xunta) o que é privado-colectivo ou de asfixiar ás comunidades entre toneladas de papeis, a ORGACCMM defende o dereito galego de longuísima traxectoria consuetudinaria e maila capacidade de cadansúa veciñanza para decidirmos sobre a nosa contorna. Sen eles, o noso rural sería un ermo ou un macroeucaliptal ao servizo de intereses alleos.
Xa que logo, tanto a economía social (liderada por entidades como AGACA) como a xestión comunal do territorio (co baluarte da ORGACCMM) conforman unha alternativa real ao modelo extractivo. Son estruturas que humanizan a economía, alargan a estabilidade do emprego e o aquelamento dos progresos tecnolóxicos e produtivos ás necesidades propias e lle dan sentido ao concepto de país. Afirmarmos nestas fórmulas non é morriña dun pasado xa afastado e que non ha volver. É pura vangarda para unha Galicia sostíbel, democrática e dona de seu.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



