Burela, 3 de marzo, 2026. O Poio comezou o encontro con intensidade, acumulando ocasións nos primeiros minutos. No 3’, Ana Eliza realizou un paradón nun disparo de Chuli á escuadra, enviando o balón a banda. No mesmo minuto, Débora volveu probar sorte e a gardameta burelense desviou a córner. A presión local continuou e, no 6’, Ale de Paz rozou o pau nun dos intentos máis claros do inicio.
O 1–0 chegou no minuto 8: Chuli rematou dende a frontal tras un saque de banda e adiantou ao Poio. No 14’, Zaide Pérez tentou sorprender, pero o balón marchou fóra. Pouco despois chegou o segundo tanto, obra de Débora, que regateou á defensa na área e fusilou a portería.
A catro minutos do descanso, Belén Feal pediu tempo morto buscando unha ocasión a balón parado. Irene lanzou directa, pero Yanira despexou. A propia Irene volveu atoparse coa porteira local no 17’, e no mesmo minuto Rafa Pato estrelou un disparo lonxano no pau tras unha boa combinación.
A segunda parte comezou co 3–0: Martita marcou na primeira xogada tras unha boa parede con Chuli. Segundos despois, Ana Eliza evitou o cuarto nun man a man con Chuli, e no mesmo minuto chegou o primeiro do Burela. Laura Barranco aproveitou un rexeite xogando con porteira-xogadora e recurtou distancias.
No 23’, Irene probou dende fóra e Yanira respondeu coas mans. Chuli tamén tivo unha ocasión no mesmo minuto, pero sen puntería. No 26’, Lara roubou en media pista e encarou portería, obrigando a outra intervención da gardameta local; Gabi recolleu o rexeite e enviou o balón por riba do traveseiro. Lara volveu intentalo segundos despois, pero a porteira chegou a tempo para evitar o segundo das visitantes.
Ana Eliza detivo un disparo de Bravo no 27’, pero nada puido facer no 4–1: Èlia rematou na área un pase de Noelia Montoro. No 28’, Macarena estivo a piques de marcar ao segundo pau nunha contra, pero o Poio ampliou a vantaxe no 30’. Primeiro, Chuli recuperou un balón na área e fixo o 5–1; acto seguido, Èlia marcou pola escuadra tras un pase de Montoro, co Burela xogando con porteira-xogadora.
No 34’, Lola realizou un paradón enviando a córner un balón que ía á escuadra, e no 35’ detivo un penalti lanzado por Rafa Pato. Lara asumiu o rol de porteira-xogadora nos últimos minutos, pero o Poio sentenciou co 7–1, obra de Zaira Pérez tras unha recuperación en campo visitante.
Ficha Técnica Poio Pescamar FS 7-1 Reyco Burela FS
Poio Pescamar FS (7): Yanira; Èlia, Martita, Chuli, Zaide Pérez –quinteto inicial-, Débora, Carolina Pedreira, Bravo, Rafa Pato, Ale de Paz (C), Noelia Montoro, Candela.
Reyco Burela FS (1): Ana Eliza; Cris Blanco (C), Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Macarena, Gabi, Silvia Rubal, Laura Barranco, Lari, Lola (P), Mara.
Goles: 1-0, min. 8: Chuli. 2-0, min.15: Débora. 3-0, min. 21: Martita. 3-1, min. 21: Laura Barranco. 4-1, min. 27: Èlia. 5-1, min. 30: Chuli. 6-1, min. 30: Èlia. 7-1, min. 40: Zaire Pérez.
Árbitros: Javier Menéndez // Carlos Jesús González Pardal // Andrea de Luis. Por parte do Poio Pescamar, . Por parte do Reyco Burela, Cris Blanco (11’).
Incidencias: Partido correspondente á semifinal de Copa Galicia disputado no pavillón municipal A Seca de Poio.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


