Alfoz, 5 de marzo de 2026. O Concello de Alfoz conmemorará o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha campaña institucional que este ano leva por lema “Igualdade real, tamén no rural”, unha mensaxe que reivindica a necesidade de seguir avanzando na igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres tamén nos territorios rurais.
Con motivo desta data, a Casa do Concello tinguirase de violeta, como símbolo de apoio e recoñecemento a todas as mulleres e como mostra do compromiso institucional coa igualdade.
Ademais, o Concello publicará a III edición da iniciativa “Mulleres de Alfoz”, unha serie de infografías que poñen en valor a traxectoria e a experiencia vital de mulleres do municipio. A través destas publicacións preténdese dar visibilidade ao papel fundamental que desempeñan na sociedade local, recoñecendo o seu traballo, o seu esforzo e a súa contribución ao desenvolvemento da comunidade.
Desde o goberno municipal sinalan que “o 8 de marzo é unha data para reivindicar, pero tamén para recoñecer o papel imprescindible das mulleres na vida social, económica e cultural do noso concello”.
Nesta liña, destacan que “nos concellos rurais como Alfoz a igualdade tamén ten retos propios, relacionados coa conciliación, as oportunidades laborais ou o acceso a servizos, polo que é necesario seguir traballando para garantir unha igualdade real e efectiva”.
O executivo local subliña ademais que “iniciativas como ‘Mulleres de Alfoz’ permiten poñer rostro ás historias de vida das mulleres do noso municipio, visibilizando referentes e contribuíndo a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
Finalmente, desde o Concello animan á veciñanza a sumarse á conmemoración do 8M e a continuar avanzando entre todos e todas cara a unha sociedade máis igualitaria.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



