Burela, 6 de marzo, 2026. Máis de 70 alumnos e alumnas de primaria de Burela participaron este xoves na primeira xornada de limpeza de praias do proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, que promove a Fundación Expomar coa financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
Ao longo deste mes de marzo realízanse tres xornadas de limpeza de praias co alumnado dos centros de educación primaria e secundaria de Burela e a colaboración do centro de educación ambiental Gaia, desde o que se conciencia aos xoves da importancia de coidar o entorno natural.
A primeira tivo lugar esta semana na praia do Perdouro, na que participaron máis de 70 alumnos e alumnas de 5º de Primaria dos CEIP plurilingües Vista Alegre e Os Castros, de Burela; que estiveron acompañados por representantes da Fundación Expomar e do Concello de Burela.
En total recolléronse 10 sacas de crebas mariñas, demostrando que o mar sempre acaba devolvendo todo o que se lle bota. Entre estes restos predominan plásticos e materiais de construcción, así como refugallos da actividade pesqueira. Tamén se prestou especial atención aos refugos de pequeño tamaño, moi perxudiciais tanto para peixes como para as aves.
Popularmente coñecido como “Xeración Peixe”, o proxecto abrangue diversas actividades nas que colaboran diferentes sectores de actividade e públicos de distintas xeracións: desde centros de ensino ata centros de maiores e de inclusión social. Precisamente este xoves tivo lugar tamén un obradoiro interxeracional, que xuntou a un grupo de mocidade do Concello de Burela con persoas usuarias do centro de día ‘Coidando de Vós’.
Nas próximas xornadas de limpeza participarán alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO dos IES Perdouro e Monte Castelo de Burela, e terán lugar o 18 e 27 de marzo. Todos estes restos de lixo recollido empregaranse nunha exposición como actividade de sensibilización dentro do “Congreso da infancia e da adolescencia”, que se celebrará a finais de abril, para concienciar sobre a necesidade de manter limpo o medio mariño.























Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



