O voceiro provincial popular reivindicou un feminismo que non se someta a pactos do goberno de vergoña xa que “non cabe o silencio cando a xustiza sinala indicios tan graves”, instando a José Ramón Gómez Besteiro e a Lara Méndez a aplicar “a mesma vara de medir” que esixen aos demais e a deixar de amparar a quen hoxe está baixo a sombra da sospeita xudicial
Lugo, 6 de marzo de 2026. O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, de xeito independente ao institucional da Deputación de Lugo, unha decisión baseada na negativa a participar en actos de quen tratou de “branquear” a situación de José Tomé tras coñecerse que a Fiscalía se querelou contra el por un presunto delito de acoso sexual e abuso no exercicio da función pública.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, foi contundente ao cuestionar “a nula coherencia” de PSOE e BNG: “Hoxe cómpre preguntarse que pensaría Rosalía de Castro, referente das mulleres, de PSOE e BNG ao ver que venderon o feminismo por manter na Deputación a un acusado de presunto acoso sexual”.
Ademais, Antonio Ameijide tamén dirixiu as súas críticas ao BNG: “Que pensaría Rosalía de Castro ao ver que Ana Pontón e Efrén Castro sacrifican os valores que din defender a cambio de manter a vicepresidencia, as áreas de goberno, os salarios e o coche oficial?”.
“O BNG pasou de defender o feminismo e ás mulleres a ser o cómplice necesario dunha situación extraordinariamente grave co único fin de manterse no goberno da Deputación de Lugo, son eles os que teñen a obriga moral e con todos os lucenses de facer públicos os acordos asinados para formar este goberno, acordos asinados entre PSOE, BNG e José Tomé”, afirmou.
Antonio Ameijide denunciou que, lonxe de apartar a José Tomé, o PSOE e o BNG premiárono “cunha desorbitada suba salarial” e permitíndolle manter a alcaldía de Monforte e a súa acta de deputado.
“Lugo e as súas institucións merecen limpeza e dignidade”, destacou Ameijide, que tamén cuestionou o papel da actual presidenta da Deputación: “Que pensaría Rosalía de Castro ao ver que Carmela López permite que José Tomé tutele o goberno provincial dende a sombra, vixiando cada decisión e mantendo unha presenza que escurece a xestión da Deputación?”.
O voceiro provincial popular reivindicou un feminismo que non se someta a pactos de goberno nin a estratexias de supervivencia política. “Non cabe o silencio cando a xustiza sinala indicios tan graves no entorno do poder provincial”, conclúe, instando de novo a José Ramón Gómez Besteiro e a Lara Méndez a aplicar “a mesma vara de medir” que esixen aos demais e a deixar de amparar a quen hoxe está baixo a sombra da sospeita xudicial.
Antonio Ameijide tamén incidiu en que os dirixentes autonómicos e provinciais do PSOE “non fixeron nada cando a vítima lles pediu axuda ao poñer os presuntos feitos no seu coñecemento”, tal e como quedou probado, “tapando os feitos durante meses ata que transcenderon á opinión pública”. Agora, unha vez que a Fiscalía anunciou a súa intención de presentar unha querela contra Tomé, no PSOE sinalan que renuncian a actuar, “demostrando de novo que o seu único obxectivo é axudar a un presunto acosador”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



