
lona exterior – 2
Taramundi, 21 de marzo, 2026. A Casa da Auga de Bres abrirá de novo ao público este domingo, 22 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 horas, cunha xornada de portas abertas que marca o inicio da nova tempada. A reapertura coincide coa celebración do Día Mundial da Auga e chega acompañada de importantes novidades que reforzan o papel deste espazo como referente cultural, educativo e turístico en Taramundi.
Novo espazo expositivo: “Navalleiros, o oficio aceso”
Entre as principais incorporacións destaca a creación dun novo espazo para exposicións temporais, que se inaugura coa mostra “Navalleiros, o oficio aceso”. A exposición reúne dez fotografías en gran formato realizadas pola fotógrafa Lorena Grandío para a renovación do catálogo de artesáns de Taramundi, capturando escenas do traballo tradicional dos navalleiros. Poderá visitarse ata o 5 de xullo.
A partir desa data, a Casa da Auga prevé continuar coa programación expositiva cunha mostra dedicada a José Manuel Martínez Legazpi (1943-2019), artista asturiano nado en Bres e autor do gran enxeño central que preside o edificio. Legazpi combinou a creación pictórica e escultórica coa investigación etnográfica sobre o ferro, a madeira e os enxeños mecánicos.
Desde XESTECO explican: “Quixemos recuperar o protagonismo da súa figura e, grazas á colaboración co seu fillo Diego, esperamos poder expoñer parte da súa obra pictórica e escultórica en breve”.
Recuperación da memoria da antiga escola
Outra das novidades é a recuperación dun espazo dedicado ao antigo edificio indiano que acolleu a escola do pobo.
“Aínda que recuperar o espazo orixinal xa é imposible, tratamos de devolver neste pequeno recuncho a memoria da escola pola que pasaron varias xeracións. Tamén queremos poñer en valor o papel dos emigrantes de Bres en Arxentina na promoción da educación na súa terra”, sinalan desde XESTECO.
Espazo dedicado á Axenda 2030
O Concello de Taramundi recibiu financiamento do Principado de Asturias para desenvolver un espazo centrado na Axenda 2030, especialmente no ODS 6: Auga limpa e saneamento. O proxecto permitirá crear unha área permanente de divulgación e sensibilización ambiental.
Aínda en fase de execución, durante a xornada deste domingo xa se poderán ver algúns avances:
• novos paneis interpretativos sobre a auga en Taramundi e no mundo
• un recuncho interactivo
• un pequeno laboratorio de enxeños hidráulicos de xoguete manipulables polos máis pequenos
Libraría especializada e nova programación cultural
Como parte da renovación, XESTECO habilitou unha libraría especializada en temática ambiental, aberta a todo o público sen necesidade de adquirir entrada.
“Nosa idea é devolver á Casa da Auga a súa función cultural e educativa como a escola que foi, aberta a todo o mundo. Queremos dinamizar o espazo con obradoiros de ciencia, contacontos e unha programación cultural estable ao longo do ano”, explican desde a organización.
Un domingo para descubrir a nova Casa da Auga
A xornada de portas abertas deste domingo será unha oportunidade para coñecer as novas propostas da Casa da Auga de Bres e a súa renovada aposta pola cultura, a educación ambiental e a participación cidadá.
Horarios da Casa da Auga de Bres
A partir do domingo, o horario habitual da Casa da Auga de Bres será o seguinte:
Xoves, venres e sábados
• 11:00 – 14:30
• 16:00 – 20:00
Domingos
• 11:00 – 14:30
SEMANA SANTA e VERÁN
Aberto todos os días, excepto os domingos pola tarde e os luns.
Visitas guiadas
Realízase unha visita guiada ao comezo de cada quenda horaria (duración aproximada: 30 minutos):
• Ás 11:00 h
• Ás 16:00 h
As visitas guiadas requiren reserva previa en: xesteco.com/casa-del-agua-de-bres
Despois da explicación inicial, o museo pode percorrerse libremente.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



