A Modernidade é un proceso histórico que nace en Europa, tomando corpo a partir do século XVIII. Pero os seus prolegómenos hai que os encadrar no século XVI e XVII, nos que se produce o paso do teocentrismo ao antropocentrismo e o nacemento das ciencias naturais. En todo caso, a Modernidade non se consolida ata que a maioría da poboación occidental non interioriza as súas reivindicacións fundamentais e se institucionalizan en estruturas sociais, culturais e políticas.
Dito isto, podemos dicir que Galiza, por causas fundamentalmente de orixe político, viviu á marxe desta transformación, o que consolidou o seu atraso. Polo tanto, se a Modernidade que se desenvolveu na maior parte de Europa se concretou nun cambio de paradigma que transformou a sociedade de preindustrial, rural e tradicional en urbana, industrial e moderna, en Galiza non se produce este proceso ata vén entrado o século XX.
De tal xeito, como afirma o profesor Villares, o mundo rural galego foi hexemónico na maior parte deste período histórico e como consecuencia, seguiu exercendo un gran poder de influenza sobre o noso feble mundo Urbano.
Pola contra, na grande parte do espazo europeo, e continúo co profesor Villares, os núcleos urbanos acadaron moi pronto un progresivo liderado sobre os seus espazos de influenza na dirección dunha decidida transformación modernizadora.
Esta desigual evolución semella ter unha primeira explicación na prematura derrota das clases emerxentes galegas, nomeadamente na derrota irmandiña e tamén, no control do poder político e eclesiástico por parte da monarquía do Reino de Castela.
Polo tanto, dependencia política e ausencia de dinamismo e liderado social fosilizaron daquela a nosa sociedade en férreas e caducas estruturas que só respostaba á necesidade de subsistir, o que a determinaría a vivir de costas ao futuro.
Esta actitude foi o proceder da maioría das nosas xentes na meirande parte da época moderna.
Nesta situación, mentres unha parte de Europa encarreiraba o seu futuro baixo marcos de referencia construídos conforme ao pensamento ilustrado, que lle procuraba un horizonte de esperanza, o característico da sociedade galega era vivir o presente en base a un pasado ateigado de mitos e costumes, de tradición en definitiva que ancoraban a Galiza nun atraso secular.
Este proceder evidencia que mentres na maioría das sociedades europeas se extendía o descrédito do pasado, na sociedade galega seguía a ser o que lle daba sentido ao presente porque desaparecera todo horizonte transformador despois de quedar descabezada e sen instrumentos propios que posibilitaran algún cambio. De tal xeito que se viu empurrada a aceptar a dependencia politica como unha necesidade de supervivencia, o que chegou a producir fondas distorsións na nosa realidade que nunca superamos de todo.
Todo isto pode darnos unha visión da orfandade e inseguridade que aniñou na alma da maioría dos nosos antergos e xa que logo, a falta de confianza en se mesmo para afrontar que tanto deturpou a nosa cultura e frustrou o noso desenvolvemento.
Esta etapa histórica foi, polo tanto para Galiza, un gran marasmo que condicionaría de forma determinante o noso futuro como país. Pero en todo caso, isto último segue a depender bastante de nós.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



