Barreiros, 1 de abril de 2026. Barreiros será sede da XII edición da carreira das praias o vindeiro venres 3 de abril con saída na Praia de Coto. Contará tamén cunha andaina de 9 kms polas praias do concello.
“Unha edición de Récord”, así a define a organización composta pola asociación Praias de Comado en colaboración do Concello de Barreiros que a integra no seu Circuíto +Kms Barreiros 2026.
Este evento que mistura actividade deportiva con natureza en estado puro contará cunha carreira absoluta de 7 kms que suma 261 inscritos, sumados aos preto de 180 nenos e nenas das categorías menores e aos 70 participantes na andaina.
As persoas inscritas deberán recoller o dorsal na carpa habilitaba polo Concello de Barreiros no aparcamento de Coto ata 15 minutos antes da saída de cada proba.
Como xa é habitual en todas as carreiras do Circuíto barreirense, todos os menores levarán unha medalla de recordo por participar a maiores dos distintos podiums das categorías competitivas.
Na carreira absoluta o vencedor e a vencedora individual e o primeiro club clasificado conseguirán un lote de productos de porco celta grazas á colaboración de Asoporcel co Circuíto +KmsBarreiros.
Un circuíto liderado por Óscar Buján e Carla Trillo
A carreira das praias será a segunda proba do Circuíto +KmsBarreiros despois da carreira de reis disputada a principios de xaneiro. A esta proban chegan líderes da xeral os corredores Óscar Buján e Carla Trillo.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



