Trátase dunha actuación integral executada con fondos propios nas rúas 4 e 41 para modernizar os servizos e garantir unha mobilidade máis segura
Cervo, 8 de abril do 2026. O Concello de Cervo levará a cabo un importante proxecto de mellora da accesibilidade e pavimentación na urbanización de Río Cobo, cun investimento total de 278.924,99 euros financiados integramente con fondos propios municipais procedentes do remanente de tesourería.
A actuación desenvólvese ao longo da rúa 4, desde a súa intersección coa rúa 2 ata o encontro coas rúas 13 e 1, incluíndo tamén a intervención na rúa 41 e a resolución dos distintos cruces existentes no trazado. O proxecto contempla unha remodelación integral do espazo público, co obxectivo de mellorar a mobilidade peonil, reorganizar os espazos de aparcamento e actualizar os servizos básicos.
Entre os traballos previstos inclúense a ampliación das beirarrúas para garantir itinerarios accesibles, a pavimentación das zonas peonís con formigón, a execución de pasos elevados, e a renovación parcial das redes de abastecemento e saneamento, eliminando perdas e mellorando a súa eficiencia. Ademais, actuarase na rede de pluviais, no alumeado público e na sinalización horizontal, contribuíndo a unha contorna máis segura e ordenada.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a zona para supervisar o inicio das obras, acompañada do edil Adrián Arías, e do pedáneo de Río Cobo, Antonio Gallego, e subliñou a importancia desta intervención: “a mellora da accesibilidade en Río Cobo é unha prioridade porque é unha zona na que vive moita xente e que precisa dunha intervención acorde ás súas necesidades actuais. Este proxecto vai supoñer un salto de calidade na vida diaria dos veciños e veciñas”.
A rexedora destacou tamén que “con esta actuación buscamos non só facilitar os desprazamentos a pé e garantir un acceso seguro, senón tamén modernizar os servizos públicos e mellorar a calidade ambiental dunha das zonas residenciais máis habitadas do municipio”.
Desde o goberno local inciden en que esta obra permitirá recuperar un espazo público máis cómodo, accesible e adaptado ás necesidades da veciñanza, reforzando así o compromiso do Concello coa mellora continua das infraestruturas municipais.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



