Foz, 8 de abril de 2026. “Nunha nova entrega das notas de prensa diarias das últimas dúas semanas do PP de Foz, esta vez esixe a revisión da ponte de Ollo do mar, no paseo marítimo, xa que había unha varanda solta. En lugar de avisar ao Concello, envía unha nota de prensa, débelle parecer máis operativo”, explica a primeira tenente de alcalde, Inés López Couto, que engade: “menos mal que o martes os axentes da Policía Local e operarios da brigada de obras xa acudiron ao lugar para revisar o estado da ponte e na mañá deste mércores xa quedou arranxada a varanda que tiña esta incidencia. Porque o Concello tenta solucionar os problemas graves en canto ten coñecemento deles, non así Portos de Galicia, xa que durante esta pasada Semana Santa a Policía Local deu aviso dunhas táboas soltas no paseo da Praza Conde de Fontao que provocaron unha caída. Esta pasarela que pertencente á entidade autonómica, tivo que ser arranxada polo Concello, despois de non se enviase a ninguén a solucionalo. Son varias as ocasións nas que se lle solicitou a Portos que substitúa as táboas, vigas e demais elementos da pasarela de madeira por estar en mal estado, pero continúa igual e sen o mantemento debido pola súa parte. Disto o portavoz do Partido Popular non di nada, supoño que porque se depende duns ou doutros interesa estendelo ou non”.
Inés López Couto tamén aclara que “en canto ao paseo de Cangas, este goberno tómase moi en serio os perigos reais para a cidadanía, e este paseo despois dos desprendementos ocorridos é unha zona moi perigosa. Púxose en coñecemento de Costas dende o inicio, fixéronse estudos e xa en outubro de 2025 se publicou no BOE o proxecto a instancias do Concello de Foz. Mentres non se executa a solución debida non se debe transitar por unha zona na que hai un perigo real e pode seguir habendo desprendementos, polo que o Concello, despois de poñer avisos e en colaboración coa Garda Civil, decidiu pechar a zona de forma máis estable, xa que non se estaban a respectar os avisos de non circular. Durante esta Semana Santa ocorreron actos vandálicos nos que se arrincaron os novos postes colocados, polo que este luns procedeuse a un novo peche con sinalización. Parécenos indecente que a oposición en lugar de chamar ao civismo e remarcar a mensaxe dun perigo real para a cidadanía opte por unha mensaxe tan pouco ética”.
A primeira tenente de alcalde engade: “entendemos este modus operandi do PP é o mesmo que aplicaban no goberno, moito ruído e poucas noces. Non traen nada, non conseguen nada e, o peor, cando ven un perigo non son capaces nin de avisar para que se solucione. Despois do gravísimo accidente ocorrido en Santander deben tomarse as cousas máis en serio e non tentar facer un circo delas. Realmente hai que ter moito tempo libre para mandar unha nota de prensa diaria e á vez moitas ganas de facérllelo perder aos demais para que teñamos que desmentir continuamente falsidades e desinformacións. Agardamos a nova entrega”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



