Burela, 9 de abril, 2026. Entre o mércores e o venres desta semana, comedores de centros escolares, residencias de maiores e centros de inclusión social da Mariña-Ortegal están a celebrar o “Día do Peixe”, unha acción incluída no proxecto Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable, promovido pola Fundación Expomar co financiamento do FEMPA 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
Este xoves 9 de abril, os comedores de Saúde Mental A Mariña, en Cervo, sumáronse á iniciativa cun menú especial composto por ensaladilla de peixe espada e peixe espada ao forno con xuliana de hortalizas. A directora do centro, María José Novoa, estivo acompañada polo presidente do GALP, Javier Martínez Otero; o director territorial de Pesca, Alexandre Piñeiro; a alcaldesa de Cervo, María Dolores García; o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado; o concelleiro do Mar de Burela, Ramiro Fernández; a secretaria da Confraría de Pescadores de Burela e membro do Padroado de Expomar, Diana Durán; e o xerente da Fundación Expomar, José M. González “Brais”.
Tamén a residencia de maiores de Burela celebrou hoxe o “Día do Peixe”, coa visita do director territorial de Política Social en Lugo, Óscar Viñas Penelas, que acompañou á directora do centro, F. Marlene García Eijo.
En total, participan nesta acción divulgativa e gastronómica centros de maiores, centros de inclusión e trece centros educativos con comedor dos concellos do territorio GALP A Mariña-Ortegal: CEIP Plurilingüe Vista Alegre e Os Castros (Burela); Escola Infantil Municipal O Bítere e CEIP de San Cosme (Barreiros); CEIP Plurilingüe nº1 e IES de Foz; CEIP Península da Paz (San Cibrao); CEIP Luís Tobío, IES María Sarmiento e Escola Infantil San Roque (Viveiro); CEIP Antía Cal (Muras); CEIP Francisco López Estrada (Mañón); e CEIP José María Lage (Ortigueira).
A través desta iniciativa, a Fundación Expomar fomenta o consumo de peixe proporcionando produto fresco aos servizos de cociña para elaborar menús especiais ao longo de tres días. En total, repartiranse 1.200 racións de peixe en toda a contorna, convertendo esta semana nunha auténtica “Semana do Peixe”.
A xornada celebrada o mes pasado na Escola de Hostalería de Foz serviu como ensaio previo, con diferentes propostas culinarias de peixe espada elaboradas por profesionais das cociñas dos centros e responsables das empresas de catering.
Coñecido popularmente como “Xeración Peixe”, este proxecto da Fundación Expomar inclúe actividades de investigación, cultura, gastronomía, medio ambiente e artesanía, nas que colaboran persoas de distintas xeracións: alumnado, maiores e colectivos de inclusión social.
Os traballos iniciados en outubro de 2025 culminarán no “Congreso da Infancia e a Adolescencia”, que terá lugar o xoves 30 de abril na Casa da Cultura de Burela, onde se presentarán os resultados do proxecto a través de relatorios e mostras de artesanía, cultura, literatura e gastronomía.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



